lunes, 19 de diciembre de 2016

Experimentamos coas necesidades das plantas

Fixemos un experimento para ver os efectos de privar ás plantas de algunha das súas necesidades máis básicas. Para iso establecemos os distintos casos posibles en torno a tres variables: luz, auga e sustrato con nutrientes. Fixemos as nosas hipóteses. Observamos e fomos tomando notas para posteriormente extraer as nosas conclusións. Traballos de cientific@s!






jueves, 15 de diciembre de 2016

Plantamos hortensias

Un dos obxectivos do proxecto deste ano é mellorar o noso patio. Neste contextos démonos conta de que tiñamos poucas flores, e para poñerlle remedio iremos plantando distintas especies. Hoxe tocoulle ás hortensias. Tina falounos de que no momento da poda se poden reproducir a partir das polas cortadas.



lunes, 12 de diciembre de 2016

Sementamos trigo e centeo por Sta. Lucía

Sta. Lucía é o 12 de decembro, e Tina, esa marabilla de mamá colaboradora, contounos que é época de plantar o trigo e o centeo. Así que alá fomos, xuntámonos todos na horta e explicounos varias cousas destes cereais. Por exemplo, que o centeo é un cultivo tan duro, que se aproveita para facer cultivos del nos montes, onde a terra non é tan fértil. Tamén nos dixo que ao principio case non podemos diferenciar as plantas, que fai falla que saía a espiga para poder facelo. Tamén que o gran de ambos cereais se moe para obter fariña coa que se fai pan. E que o pan de millo (a broa) precisa algo de fariña de centeo para que saia ben. Un pozo de sabiduría estas familias nosas.
Despois fixemos un pequeno descanso no que disfrutamos dun dos grandes praceres do outono: xogar coas follas caídas! Que ben o pasamos.
Finalizamos a xornada facendo uns semilleiros de leituga, porro, acelga e cebola, que máis adiante transplantaremos ao invernadoiro e á horta.
Unha tarde moi completa na que aprendemos moito divertíndonos.










viernes, 9 de diciembre de 2016

Rebeldía na sala Castelao

Hoxe, outro grupo de alumn@s mostra a súa arte escénica para o resto dos compañeiros e tamén para alguén especial : a profe Sonia. Déixanos un bo recordo do seu paso polo centro. E así quixémosllo agradecer cun contacontos dos que soemos facer. Boa sorte Sonia!







lunes, 5 de diciembre de 2016

Trasplantamos as leitugas

Hoxe trasplantamos as leitugas do semilleiro ao invernadoiro. Seguro que en pouco tempo poderemos comer ricas ensaladas 😋😋😋





domingo, 4 de diciembre de 2016

Aprendemos a enrestrar cebolas

De novo Tina, que sempre está con nós e da que aprendemos moitísimo, trouxonos palla para enrestrar as cebolas que recollemos na horta. Ensinounos como se fai e mesmos estivemos probando. Parece ser que deste xeito, ademais de quedar mellor recollidas, duran máis. Foi moi interesante.




jueves, 1 de diciembre de 2016

Premio no III Concurso de Traballo por Proxectos polo proxecto "25 anosde Pepe de Xan Baña"



Acabamos de recibir unha fantástica nova!! O noso cole resultou premiado no III Concurso de Traballo por Proxectos, de Bibliotecas Escolares, co proxecto de centro "25 anos de Pepe de Xan Baña".


Podedes consultar aquí os proxectos premiados

Sentímonos moi felices e agradecidos, e con moitas forzas para seguir traballando. Noraboa a toda a comunidade, porque este premio é de TOD@S, froito de todo o traballo, colaboración e boa sintonía que vivimos no centro.


Así que...

NORABOA!!

miércoles, 30 de noviembre de 2016

ESCORNABOTS. As colaboradoras montan os que faltaban

Nese proceso de montaxe do recanto MAKER, e dentro do proxecto ESCORNABOTS, de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que formamos parte, quedaban por montar dous escornabots cos que se estiveron "pelexando" as colaboradoras da biblio. Que ben o fixeron! Van para enxeñeiras!!








Guía de creación de códigos QR con contidos asociados

Como sabedes, estivemos a asociar contidos a algúns fondos do noso centro a través de códigos QR. Hoxe deixámosvos unha pequena guía de como crear os códigos, por si vos interesa.

Podedes descargar a guía AQUÍ

martes, 29 de noviembre de 2016

A LUPA BINOCULAR!!

Adquirimos no cole unha lupa binocular. A lupa binocular é un instrumento que permite ver a realidade moi aumentada en tres dimensións e sen necesidade de preparar as mostras de un xeito especial, xa que non precisan que a luz as atravese, senón que reciben a luz dende arriba.
Estivemos probándoa e foi xenial!





lunes, 28 de noviembre de 2016

"ROEDORES" teatro en Santa Comba pola igualdade

Hoxe seguimos coas actividades para reivindicar o día contra a violencia machista e a igualdade ante esta barbarie. O concello convidounos a ver unha obra de teatro que nos encantou e que nos aportou moitos detalles sobre os que reflexionar.






Ademais regaláronnos o libro no que está baseada a obra de teatro para a nosa biblioteca. Moitas grazas!



Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O venres pasado tivemos un contacontos especial. Si, dixen ben CON-TA- CON-TOS . Xa se disfrutaron de varios, porque ... sabedes? A nós o alumnado deste centro gústanos as representacións  e ler moito. O do venres foi especial . Contouse o de Rosa Caramelo para todos os nosos compañeiros e profes. Estivo xenial.