jueves, 18 de febrero de 2016

LECTURAS NA SALA CASTELAO. 19 de febreiro


Un entroido dos de antes

Como sabedes, este ano estamos a indagar na historia do noso cole, e polo tanto, nos tempos de antes. Polo que así foi o noso entroido, un entroido dos de antes, cos nosos velliños e velliñas, con coplas satíricas ao Meco que fixeron a ledicia de todos os asistentes, e por suposto, con festa, comida e baile. Un baile tamén dos de antes a base de muiñeiras, pasodobres e mazurcas. Que ben o pasaban antes!