miércoles, 31 de mayo de 2017

Recibimos unha impresora 3D!!

No marco do "Proxecto Escornabots" de Bibliotecas Escolares de Galicia, ACABAMOS DE RECIBIR UNHA IMPRESORA 3D!!!


Como non nos cabía a ansia no corpo tivemos que estreala xa e imprimimos esta divertida rá! É impresionante e hipnotizante vela traballar 💙





A que está xenial!! Seguiremos argallando!

miércoles, 24 de mayo de 2017

Charla de SOGAPS. Solidaridade galega co Pobo Saharaui

Este ano queremos axudar co noso proxecto. Para iso estamos a organizar unha feira da primavera, resultado do traballo levado a cabo no curso, no que recaudaremos fondos para axudar a que nenos e nenas que precisan axuda poidan ser un pouquiño máis felices. Neste caso concreto, e pola vinculación que une á profe Vane con esta asociación, decidimos axudar á ong SOGAPS, Solidaridade galega co Pobo Saharaui. Para ser un pouco máis conscientes da situación que están a vivir as nenas e nenos deste pobo, viñeron a falarnos da mesma. Unha charla moi interesante que nos achegou a realidades moi distintas ás nosas. Convidáronnos a ser cooperantes, e dixemos que si sen dubidalo.





martes, 23 de mayo de 2017

"A galiña azul " Carlos Casares. Contacontos das letras na Sala Castelao

Para culminar os actos das letras, nenas e nenos do cole prepararon o conto "A galiña azul de Carlos Casares". Hoxe puidemos disfrutar desta versión dramatizada que tan ben interpretaron.






lunes, 22 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017

Como adiantábamos, este ano as Letras Galegas adicáronselle a Carlos Casares. Para homenaxealo a él e ás nosas letras fixemos varias cousas no noso centro.
Por un lado unha exposición das súas obras, que ao longo da semana se foron lendo nas clases.


Gracias a Andrea, a nosa profe de música, disfrutamos dun fermoso dela e Xiana Lastra, que fixeron un percorrido por poemas das nosas letras. Deixámosvos unha canción baseada no conto "A bomba da felicidade" contido en "A galiña azul" de Carlos Casares e musicado pola propia Andrea. Disfrutádeo e moitas grazas por tan fermoso concerto!


Pola tarde disfrutamos de outro agasallo. Como todos os anos acompañaronnos as pandereteiras de Bazar. Menuda festa! Tamén nos leu un poema Noelia, que non podemos deixarvos por problemas co vídeo. Unha mágoa porque o fixo xenial.



viernes, 19 de mayo de 2017

"Azul y Bertie" na Sala Castelao

Desta volta coláronse na sala Castelao dúas xirafas ben intelixentes, que disfrutan das súas diferenzas xuntas. Que ben interpretadas estiveron!





viernes, 5 de mayo de 2017

Visita á exposición "Da árbore á cadeira" na Cidade da Cultura

Hoxe visitamos na Cidade da Cultura a exposición "Da árbore á cadeira". Esta saída enmárcase dentro do proxecto "Traba, universo vexetal", e gracias á mesma puidemos coñecer algúns usos constructivos das árbores e cales son as máis axeitadas para según que usos.
Ademáis de aprender tamén tivemos algo de tempo para o lecer. Un día completo!