lunes, 30 de octubre de 2017

Samaín no Pepe de Xan Baña

O pasado día 30 de outubro celebramos o Samaín como todos os anos. Para elo organizaronse diferentes actividades e todo o alumnado acudiu o centro disfrazado!



Na entrada do colexio co motivo desta celebración fixose a tradicional exposición de espigas, a de cabazas e unha de pedras de medo.


Para comezar a  terrorífica mañá todos os nenos e nenas viron a película de medo "La novia cadáver" na Sala Castelao.

No recreo continuamos cunha sesión de lectura a escuras na biblioteca, na que só podían utilizar unha lanterna para orientarse polo espazo e para ler.


Coma todos os anos fixemos un concurso de debuxos (para os nen@s de infantil, de 1º e de 2º) e contos de medo (para os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º). De todos os participantes escolleuse unha obra gañadora por curso e entregouselle un premio. Os gañadores mostraron e leron a súa obra ao resto dos asistentes.


Para rematar a xornada do Samaín fixemos uns bailes e cancións típicas desta data en lingua galega e en lingua inglesa.

É ata aquí deu de sí o noso Samain!
Apertas a tod@s




domingo, 29 de octubre de 2017

Mochilas viaxeiras

Como cada ano, comezan a andar as mochilas viaxeiras cargadas de soños, novidades e información para toda a familia e forma de libros!! 💛💛💛



Este ano levan con elas un díptico que nos cedeu a librería Ler cunhas xeniais recomendacións lectoras.

Seguro que xa estades desexando recibila na casa, a que si??

viernes, 27 de octubre de 2017

As espigas da historia

Como cada ano dentro das actividades realizadas para celebrar o Samaín os/as alumn@s do noso cole decoran as tradicionais espigas. Como este ano o Proxecto está adicado a historia, as espigas foron caracterizadas sobre distintos feitos históricos ou amañadas acorde a determinadas épocas históricas.
Estes foron algún dos resultados:





A exposición de espigas estará na entrada do cole durante todos estes días por se queredes visitala.

Que tod@s pasedes un bo Samaín!!!!

jueves, 26 de octubre de 2017

Exposición bibliográfica "As historias da historia"

Adquirimos varios novos títulos para acompañar ao proxecto deste ano. Podedes pasar a visionalos e incluso levalos ás aulas para as vosas investigacións!

Atoparédelos nesta exposición no corredor da biblioteca. 


martes, 24 de octubre de 2017

24 de Outubro "Día da Biblioteca": Presentación do PDI "As historias da Historia"

O día 24 de Outubro todos os centros escolares celebramos o Día da Biblioteca. Para celebrar esta data tan especial decidimos facer a presentación do noso gran Proxecto. Como cada ano imos realizar un Proxecto no que todos/as  os membros do colexio participamos!
A encomenda chegou das mans do Mago Fuco que este ano nos propuxo investigar sobre a historia, así que o título do noso proxecto será "As Historias da Historia".  Todo o alumnado acudiu a presentación na Sala Castelao e atendeu as indicacións presentadas.


Cada curso investigará unha época histórica onde recollerá datos pertinentes para realizar as actividades  durante todo o curso e das que iremos dando conta. Para comezar a investigar cada curso recolleu o seguinte material: unha cápsula do tempo (onde se atopaba unha nota coa época histórica a investigar, unha carta do Mago Fuco coa encomenda e un pequeno libro de historia.
Aquí vos deixamos un video para que vexades as épocas históricas que imos a investigar plantexando un pequeno reto.... Todas as imaxes do vídeo pertencen a época histórica nomeada?



Pois con todo isto, a investigar que nos vamos!!!!

Até a próxima a tod@s!!

viernes, 13 de octubre de 2017

Contacontos: "Sopa de nada"

O venres 13 de outubro os alumnos e as alumnas de cuarto organizaron a sesión de contacontos para deleitar aos seus compañeiros doutros cursos coa lectura e interpretación do conto "Sopa de nada".


Os actores unha vez preparados e cos ensaios previos necesarios realizaron a función repartindo os papeis, polo que uns lían co conto e outros facían as interpretacións necesarias:





O público estaba moi contento e participou activamente con grandes aplausos polo gran interpretación que fixeron os seus compañeiros/as.


Así que quedamos a espera de que este grandes interpretes volvan de novo a deleitarnos coa súa arte.



Saúdos a tod@s!!!!!!

lunes, 9 de octubre de 2017

Xa comezamos a argallar no programa de impresión 3D!

Xa comezamos a argallar co TinkerCad. Trátase dun programa moi intuitivo no que se poden dixeñar obxectos a imprimir coa nosa impresora 3D a partir de volumes xa creados. Deixámosvos o enlace por si vos apetece fedellar, pero tedes que crear unha conta para poder facelo. É moi sinxelo!



Nós xa comezamos e deseñamos algunha que outra cousa. Entre outras este dado ;)


Seguiremos practicando!!


sábado, 7 de octubre de 2017

2ª Formación sobre impresión 3D!

No marco do "Proxecto Escornabots" de Bibliotecas Escolares de Galicia, o ano pasado a finais de curso recibimos unha impresora 3D!! E chegou o momento de recibir formación. O venres 6 de outubro estivemos en Santiago convocados por Bibliotecas Escolares para recibir a formación precisa.


Foi unha moi agradable sorpresa atoparnos o noso recanto Maker como exemplo para as bibliotecas que forman parte do proxecto na propia presentación de Bibliotecas Escolares de Galicia!! 💚


Despois estivéronnos falando do funcionamento da impresora, de programas de edición e de posibilidades de uso e aproveitamento no centro. Unha xornada do máis interesante.



Dende a EEI de Arteixo regaláronnos este colgante feito na súa impresora 😊


Pronto comezaremos a argallar na nosa!! Mans á obra!