martes, 30 de enero de 2018

30 de Xaneiro: Día da Paz

Como cada 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Todos e todas os nen@s do colexio nos xuntamos para celebrar este día e preparamos nas nosas clases diferentes actividades para dar a coñecer a súa relevancia.
A continuación dámosvos a coñer todo o que fixemos:
- Os nenos/as de Infantil realizaron un Corazón da Paz onde cada anaquiño do corazón era unha palabra que cada un deles pensou para en relación a este tema.



- A titoría de 1º de primaria realizou unha performance poética titulada Basta xa de tanta guerra!





- Os alumn@s de 2º de primaria construíron un fermoso poema que leva por título A roseira da Paz.


- Os nen@s de 3º de primaria intepretaron dous poemas: Cantarola de Neira Vilas e Non oídes? de Regina Muñiz (autora nada na parroquia de Castriz).



- Os alumn@s de 4º e 5º de primaria recitaron e interpretaron con imaxes feitas por eles o poema Mensaje de Juan Panadero de Rafael Alberti.



- Por último a titoría de 6º de primaria recitou o poema feito por eles na clase o que titularon Un mundo que chora. Ademáis coa colaboración da profe de música a guitarra puxeronlle unha melodía e cantarono.


Para finalizar a conmemoración todos os alumnos cantaron a canción Give Peace a Chance de John Lennon.

E con isto deixamos aquí a nosa mensaxe de PAZ PARA TOD@S!!

lunes, 15 de enero de 2018

1º charla de impresión 3D para 6º

Hoxe xuntámonos na aula de informática para impartir o primeiro obradoiro de impresión 3D aos nenos e nenas de 6º.


A idea é facer unha iniciación ao Tinkercad, para o que comezamos por explicar que debemos observar o que queiramos deseñar en forma de composición de formas xeométicas básicas. Para iso estivemos reflexionando sobre as formas xeométricas das que están feitos algúns obxectos cotiás. E non so iso, senón tamén, a que formas xeométricas corresponden os seus vacíos. Podedes probar a facer vós mesm@s esa reflexión ;)


Unha vez visto esto, levamos un deles ao Tinkercad, compoñendo e quitando as distintas formas xeométricas das que estivemos a falar.


Os equipos non son moi rápidos e invertimos máis tempo do esperado entrando no programa. A ver se para a próxima podemos aproveitar algo máis.

viernes, 12 de enero de 2018

FUCO 3D!

Xa temos a Fuco en 3D!! Fai un par de anos pasaba de debuxo a vector, dixitalizándose a amoldándose aos tempos que corren. E desta volta deu un paso máis e gañou en volume ;)

Para conseguilo, primeiro fixemos o deseño en 3D no Tinkercad. Despois pasámolo polo CURA, o programa laminador que prepara o deseño para poder imprimilo, e directo á impresora 3D. 


Una vez finalizado o proceso de impresión era preciso quitarlle o soporte necesario para posibilitar o apoio dos brazos ao imprimir, lixalo e pintalo. Pasos todos eses que forman parte do postprocesado da peza. 


E LISTO!! Aquí tedes a Fuco 3D! Non puido quedar máis chulo!! Estamos encantad@s!



Despois imprimimos algún máis para facer visible o proceso.





GuardarGuardarGuardarGuardar

lunes, 1 de enero de 2018

Segundo Reto STEAM: Maceta autorregante

O pasado xoves todos os alumnos/as e profes acudimos a Sala Castelao para a resolución do segundo dos retos STEAM. Como nos últimos meses do ano que acabamos de abandonar tivemos certos problemas de sequía, ocorréusenos deseñar unha maceta autorregante para que as nosas plantas non pasen sede!
Este é o listado dos nosos superinventores deste mes:



Aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas probas que fixemos dos nosos grandes inventos!


Moitas gracias a tod@s por participar! Sodes xeniais!