martes, 28 de abril de 2020

Enredando na casa!

Boas amigos, 
no día de hoxe, abrimos unha pequena fiestra para chegar ata todas as vosas casas e botar unha ollada para saber con que estades a enredar estes días. 

En primeiro lugar, imos ata a casa de de Xiana e Joel, onde nos mostran en que están a pasar o tempo nestes días encerrados.

A continuación, Martina danos uns consellos de como manternos en forma e estar relaxados cuns exercicios de ioga. Facedeos con coidadiños, non vos vaiades mancar!


De seguido, o simpático Kevin amósanos como aínda confinados, se poden repasar as cores EN INGLÉS! Yes, of course! Black, blue e yellow entre moitos outros fan que este debuxo sexa do máis colorido!


E xa para rematar esta entrega, nada nos fai máis felices que saber que temos unha nova lectora en potencia. Si, si! Como escoitades! Daniella está aprendendo a ler algunha palabriña para despois poder ler ela soíña os seus libros e todos os que temos na nosa biblio!





lunes, 27 de abril de 2020

Contos a mancheas!

Queridos amigos,
no día de hoxe non podemos estar máis contentos porque nos seguen a chegar os vosos vídeos de contacontos que tanto nos gustan e nos entreteñen.

Imos comezar con simpático e sempre alegre Killian que nos pide moita atención para escoitar o conto de Os Tres Porquiños!


Para continuar, Zoe fixo o seu contiño para explicarnos, de maneira moi boa e clara, que é o coronavirus e que cousas podemos facer nas nosas casas que non poñan en risco a nosa saúde.


De seguido, a espelida Mia acompañda polo seu cadelo Kim, veñen a contarnos o conto de Bambi, para lembrarnos que debemos coidar a natureza e os animais salvaxes!


O seguinte conto, vén contado por Hugo baixo a atenta supervisión de Enzo. Neste caso, comparten con nós o conto El Tigre que perdió los dientes.


Ademáis, e xa para rematar, Enzo quere facer a súa propia achega recomendándonos un conto que parece ser lle gusta bastante, trátase de Los Tres Piratas y El León.



Lembrade deixar os vosos comentarios felicitando ós vosos compañeiros sobre os contos que compartiron e non dubidedes en enviarnos os vosos ó mail pepedexanbiblio@gmail.com

Quarantine, quarantine!

Good morning dearest friends!

No día de hoxe querémosvos amosar como algúns de vós pasades os días durante esta corentena.

Nesta edición, son Amalia e Alberto de 5º os que nos amosan que se se quere, hai ben onde enredar!

Let's have a look! and remember, #StayHome #EuQuedoNaCasa




Enviadenos as vosas rutinas de corentena que estaremos encantados de colagas no noso blogue! Lembrade o noso mail, pepedexanbiblio@gmail.com

viernes, 24 de abril de 2020

3 contos mellor que 1!

Boas tardes queridos, pequenos e grandes amigos.
Nesta nova entrega queremos darvos 3 novos contos, moi ben contados.

Para comezar, Lucía fainos unha representación moi alegre da Carapuchiña Vermella, un clásico que nunca defrauda!


Outra proposta que nos chega é a do simpático Enzo, que cun pouquechiño de vergoña nos relata o conto do Zombie! Que medo!



E finalmente temos un dúo do máis espectacular, Izan e Xanaia, que nos veñen a dar unhas pautas sobre como debemos facer unha Fiesta en la Jungla.


Deixádenos os vosos comentarios para saber que foi o que máis vos gustou de cada relato e animádevos a mandarnos os vosos!


O Cocorico de Nuria!

Bos días amigos e amigas!

Hoxe temos a sorte de achegarvos unh aparticipación moi especial, a profe Nuria quixo aportar o seu gran de area e enviounos un contacontos de Cocorico para que todos e todas poidades desfrutar.

A continuación vos deixamos o vídeo, deixade os vosos comentarios sobre o que máis vos gustou a ver se algún outro profe tamén se anima a enviarnos algo!


jueves, 23 de abril de 2020

Imos contar contos de Pan con chocolate!

Bo día queridos amigos, xa nos comezan a chegar as vosas participacións para Contarnos contos dende as vosas casas.

Neste caso, Carla, alumna de 5 anos de Infantil, con moita naturalidade e alegría, fainos partícipes deste Pan con chocolate. Tomade asento, agardade en silencio, que o conto comeza xa!


Deixádenos os vosos comentarios se vos gustou o conto, dicide só palabras boas, sede respetuosos e animádevos a mandarnos o voso conto a pepedexanbibilio@gmail.com

miércoles, 22 de abril de 2020

Contadas desde a Corentena

Boa tarde amigos,
no día de hoxe querémosvos ofertar unha actividade diferente que poderedes desfrutar online.

Mañá xoves 23 de abril, ás 12h, Uxía Morán activará a súa cámara en Youtube, Facebook e Instagram para festexar o Día do Libro. Ides perdelo?


martes, 21 de abril de 2020

--> M A R C A P Á X I N A S

Boa tarde a todos e todas un día máis.
No día de hoxe, querémosvos propoñer, para que enrededes un anaco, a elaboración duns marcapáxinas personalizados e personalizables para que non esquenzades en que páxina do libro ides, por se hai algún desmemoriado por aí!

Deste xeito, podedes elaborar uns marcapáxinas ben chulos coa técnica do Origami, como podedes ver no seguinte video: 

Se pola contra, na casa temos moitos papeis de diferentes tipos e non os queremos tirar, sempre se lles pode dar un novo uso transformándoos en xeniais marcapáxinas: 


E para os que teñades máis paciencia, a última proposta consiste en facer un marcapáxinas aínda máis elaborado. Ollo, pode facerse igualmente con materiais reciclados que se teñan na casa!





lunes, 20 de abril de 2020

Cóntame un conto!

Bo día amigos, hoxe queremos lanzar unha proposta para o alumnado de 4º, 5º e 6º, así como as familias dos cursos de Infantil, 1º, 2º e 3º.

É ben sinxelo, só tedes que escoller un conto e facer un video onde vos poñades diante da cámara para levar o contacontos a cabo. Pode ser o conto que prefirades, preferiblemente en galego ou castelán, aínda que se alguén se atreve cun en inglés, será ben recibido. 

Outra alternativa moi interesante, sería que vós mesmos inventárades un conto e nolo contárades. Seguramente tedes ideas xeniais! Moito ánimo e a inventar!!

Estes vídeos serán colgados neste blogue para a súa visualización por parte de todos os compañeiros e compañeiras da escola.

Os vídeos podedelos enviar ó enderezo mail da biblio pepedexanbiblio@gmail.com e iremolos colgando como mostra da vosa participación e involucración.


miércoles, 15 de abril de 2020

15 de abril, Día Mundial da Arte

No día de hoxe, 15 de abril, celébrase o Día Mundial da Arte e por este motivo, dende a Biblio querémosvos propoñer un pequeno reto para enredar un pouco esta tarde.

Gustaríanos que, con materiais reciclados que atopedes pola vosa casa, fagades unha pequena obra de arte. Pode ser un cadro, un collage, unha escultura, unha figura, o que á vosa imaxinación se lle ocorra. Cando a teñades lista, sacadelle unha fotiño e subidea en forma de comentario a este post indicando o voso nome e o curso. Senón, tamén nola podedes enviar ó noso mais pepedexanbiblio@gmail.com 

Por certo, non vos esquezades de poñerlle un título á vosa obra!!

jueves, 2 de abril de 2020

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil

No dia de hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil coincidindo co aniversario do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, autor de moitas obras entre as que podemos destacar O Patiño feo, O Soldadiño de Chumbo, O traxe novo do emperador ou a Raíña das Neves, entre outros.


Por este motivo, dende a biblio propoñémosvos o seguinte. 

Mandádenos un correo electrónico ó noso mail pepedexanbiblio@gmail.com co voso nome e apelidos, o voso curso, o título do libro de Andersen que máis vos gusta e unha breve explicación (dúas liñas). 

Logo faremos un ranking dos máis repetidos e subiremos un post con aquelas aportacións que máis nos gustaron.