lunes, 17 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas

 

Xela Arias, Día das Letras Galegas 2021

A Academia destaca a obra «singular, sincera e comprometida» da poeta e tamén tradutora. 


«Abrazo a desorde das ideas, e sei que a unidade se compón.  A unidade componse. Da desorde». 

Os versos que escribiu Xela Arias (Sarria 1962-Vigo, 2003) no seu derradeiro libro publicado en vida, Intempériome, son exemplo desa poesía «singular, sincera e comprometida» segundo o pleno da Real Academia Galega, que acordou homenaxear a súa figura co Día das Letras Galegas este 17 de maio de 2021. 
Durante esta semana, o alumnado do Pepe de Xan Baña, estivo a traballar diversas actividades relacionadas con este día tan importante e representativo para A Nosa Terriña. O Mago Fuco non perdeu a oportunidade de querer mostralo a través das seguintes imaxes así como facendo recomendacións lectoras en galego que poderán atopar na biblioteca. 







Pinchando na seguinte ligazón, poderedes desfrutar dun recital de poemas por parte dos máis pequechos do cole: 
https://go.ivoox.com/rf/70275369