jueves, 21 de octubre de 2021

Proxecto: “Emigrando con Fuco”

Ola queridos amigos/-as do CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña!

Algúns xa me coñecedes, pero os máis pequenos aínda non. Preséntome, son o Mago Fuco, o protagonista xunto con todos/-as vós da nosa máxica biblioteca escolar.


Cada certo tempo fareivos chegar un aviso ás vosas clases, convidándovos a achegarvos con diferentes actividades ao mundo das letras. Este curso, a maxia das letras ensinaravos que foi e é a "emigración". Un proxecto que leva por título: "Emigrando con Fuco".

Lembrar que este mes xa podedes facer un uso activo da biblioteca escolar, no horario asignado a cada grupo.


Non esquezades cumprir co protocolo de acceso e uso da biblioteca escolar e coidar moi ben aos meus amigos... Os LIBROS.

Ata pronto!






No hay comentarios:

Publicar un comentario