lunes, 29 de noviembre de 2021

25 N - "Non me engaioles, déixame voar"

Este curso escolar conmemoramos o 25 N, Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, a través da literatura e do noso proxecto de centro "Emigrando con Fuco"

A nosa lema partiu da idea das migracións, a liberdade e a procura de oportunidades. Entre todos démoslle o título de: "Non me engaioles, déixame voar".

  • Coa imaxe da gaiola quixemos representar eses fogares e esas relacións que nos oprimen e encérran, escurecendo  a nosa vida. 
  • Os corazóns negros representan todas esas vidas perdidas, así como a idea dunha vida non vivida. 
  • O exterior desa gaiola representa a liberdade, como o voo dun ave. 

Cada grupo-clase elixiu un ave migratoria e caracterizouna coa fotografía do rostro de cada alumno/-a. Algunhas das aves traballadas foron: o mazarico, a andoriña, o cuco, o abejarruco, o avión zapador... 

Este mural é unha pequena mostra do traballo realizado. 









Por outra banda, cada grupo-clase elixiu unha obra literaria para sensibilizar sobre o tema. 

En educación infantil e segundo ciclo de educación primaria a obra elixida foi: "Arturo e Clementina" de Adela Turín

  • En infantil a súa lectura acompañouse de debuxos alusivos á obra. 
  • En terceiro e cuarto de primaria levouse a cabo un programa de radio, analizando o seu argumento e que nos quere transmitir.  Aquí deixámosvos o podcast. 




O alumnado de primeiro ciclo elixiu a obra: "Orellas de bolboreta" de Luisa Aguilar, para tratar o desenvolvemento emocional. Este libro ensínanos como desenvolver unha correcta autoestima e saber facer fronte ás críticas con sentido do humor e enxeño. 

En 5º EP centráronse na obra: "O lapis máxico de Malala" e a relevancia da súa figura, sendo a persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz. Tamén estableceron un debate no que xurdiron preguntas como: Por que a cor morada? - vendo as súas orixes a principios do século XX. 

O alumnado de 6º EP decantouse pola obra: "O diario violeta de Carlota", un libro que nos convida a reflexionar e anímanos a continuar a cadea violeta. Por equipos cooperativos tamén levaron a cabo diversas enquisas á comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario