jueves, 4 de noviembre de 2021

Semana do 25 ao 29 de outubro

Durante a semana do 25 ao 29 de outubro celebramos  o día das bibliotecas (24 de outubro) e realizamos a selección de traballos e entrega de premios do  Samagosto 2021.

Para o día das bibliotecas elaboramos unha árbore, cuxas follas reflectían o que para  cada neno/-a é unha biblioteca. O alumnado de infantil encheu as súas follas de fermosos debuxos e o alumnado  de primaria describiu brevemente a súa idea ou a súa concepción deste espazo.

A continuación recóllense algunhas das súas reflexións, así como unha pequena mostra de como quedou o noso  biblio-árbore.


Para min unha biblioteca é... 

  • ... un lugar para soñar.
  • ... unha viaxe a través das palabras.
  • ... un refuxio entre lecturas. 
  • ... un espazo de creatividade.
  • ...un recompilatorio de coñecementos.
  • ... unha máquina a través do tempo.
  • ... unha realidade inventada.




Doutra banda, tamén fixemos entrega de  marcapáxinas personalizados co nome de cada un dos nosos alumnos/-as, acompañados da imaxe do mago Fuco.


O venres 29 outubro, con motivo da celebración do  Samagosto 2021, fixemos entrega dun diploma de participación a todo o alumnado do centro pola súa contribución a algunha das propostas de actividades realizadas: decoración de cabazas e  mazarocas, deseño de debuxos e/ou redacción dun relato curto sobre o outono, o Magosto ou Samaín.


As cabazas e  mazarocas seleccionadas este curso foron:



As gañadoras ao mellor debuxo, en educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria, foron: Zoe e Luna.

En canto á selección de relatos, estes son os alumnos/-as premiados:
  • 2º ciclo: Diego
  • 5º de Educación Primaria: Izan
  • 6º de Educación Primaria: Isabel




No hay comentarios:

Publicar un comentario