Para celebrar o 8 de marzo, o día internacional da Muller, no centro decidimos fixar a nosa atención naquelas mulleres que foron, son e serán referentes na vida de cada un dos nosos alumnos/-as.
O alumnado de educación infantil retratou á súa figura feminina de referencia, con moita orixinalidade e cor.
Os alumanos/-as de 1º e 2º de educación primaria debuxaron mulleres de referencia nun escenario laboral e acompañaron os debuxos cunha oración.
O resto do alumnado de Educación Primaria elaboraron un texto. Nel presentaban, describían e explicaban por que a persoa elixida era importante na súa vida e supoñía un referente para eles e elas. Cada texto foi acompañado co debuxo ou a fotografía da persoa en cuestión: bisavoa, avoa, nai, madriña, tía, irmá...
Todos os traballos foron expostos na entrada do centro para poder ser compartidos coas familias.
O alumnado de terceiro e cuarto elaborou ramos con papel crespón e limpapipas para regalar ás mulleres especiais nas súas vidas.
Desde a área de relixión elaboráronse marcapáxinas, acompañados dun pequeno texto facendo referencia á importancia da muller e á igualdade de xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario