A biblioteca do Mago Fuco
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
viernes, 26 de marzo de 2021
martes, 9 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller
Ao longo destes días foron distintas actividades as que se realizaron para conmemorar o día 8 de marzo.
Traballouse o papel da muller na familia, así como tamén se analizaron distintas noticias que falan de homes e mulleres, tendo en conta que esta semana é a "Semana da prensa".
Ademais tamén traballamos as mulleres máis importantes das nosas vidas, polo que ademais de traer fotografías delas, para compoñer un mural, tamén se fixo un retrato da que é máis importante para nos.
viernes, 26 de febrero de 2021
Día de Rosalía e Día da Radio
Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na veira do mare.
Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.
("Cantares gallegos")
María Rosalía Rita de Castro foi unha poetisa e novelista que escribiu tanto en galego como en castelán. Está considerada como unha das grandes poetas da literatura española do século XIX. Representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.
Neceu un 24 de febreiro, polo que esta data está marcada no calendario como o seu día. Para conmemorar dita data dende o centro, propuxéronse distintas actividades. Como un concurso de debuxo e poesía para o alumnado de Educación Primaria, e un concurso de debuxo para o alumnado de Infantil.
Fixeron unha paisaxe mariña dentro dunha fiestra, simbolizando "Abride a fiestra que quero ver o mar", unha das últimas vontades dela.
Os agasallos foron: un diploma, chapas, e un chaveiro deseñado coa impresora 3D
NORABOA AOS GAÑADORES!
Ademais tamén plantamos uns pensamentos, planta que lle gustaba moito a Rosalía.
Como broche final, o alumnado de 5º e 6º de Infantil, así como de 1º e 2º de Primaria, recitaron uns poemas na radio.
Podedes escoitalos nos seguintes enlaces:
"Airiños, airiños aires" (5º E 6º DE INFANTIL) https://go.ivoox.com/rf/66285033
"Campanas de Bastabales" (1º E 2º DE PRIMARIA) https://go.ivoox.com/rf/66284909
viernes, 12 de febrero de 2021
Entroido 2021!
Neste ano tan atípico, traballamos o Entroido dende o centro seguindo os mandatos do "Meco" dende cada aula.
- "O LUNS, QUE O ENTROIDO COMEZA, TRAERÁS ALGO NA CABEZA"
- "O MECO, PARA O MARTES, QUÉRENOS ELEGANTES"
- "QUE EMOCIÓN! MÉRCORES DUNHA PROFESIÓN!"
- "MAÑÁ XOVES, O CAMIÑO IMOS ANDAR...
OS DE INFANTIL, FRECHAS AMARELAS SERÁN,
SINALARÁN OS DE PRIMEIRO E SEGUNDO
QUE DE CUNCHAS DE VIEIRA VIRÁN.
DESCANSOS FAREMOS EN CADA MOLLÓN
DE TERCEIRO E CUARTO, QUE EMOCIÓN!
E FACENDO CAMIÑO
CON CUNHA E "BASTÓN"
QUINTO E SEXTO PEREGRINOS
TODAS E TODOS SON."
-"MAÑÁN IDES PREPARAR COUSAS MOI EXTRAVAGANTES. IDESVOS A DISFRAZAR COMO VOS PREFIRADES!"
Podedes ver no seguintes vídeo as distintas actuacións que se realizaron en cada un dos cursos:
Que pasedes un bo Entroido!
jueves, 28 de enero de 2021
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Como cada 30 de xaneiro, chega unha data con gran potencialidade educativa: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha ocasión na que nos comprometemos como defensores da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. Conformando o espazo da biblioteca como un auténtico viveiro de cidadanía, un lugar facilitador do diálogo, o debate, a reflexión, a lectura crítica e o acceso á información, no que se promova unha participación activa cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Para iso, levamos a cabo distintas actividades que destacamos posteriormente.
O alumnado de infantil realizou o mural de "Gotas de Paz"
A nivel centro, e coa colaboración das familias, tendo en conta o PDI relacionado co "Camiño", fixemos as nosas pegadas que levan así cara un "Camiño de Paz".
martes, 22 de diciembre de 2020
GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DO CONCELLO DE SANTA COMBA
Esta mañá fíxose a entrega de premios e diplomas na biblioteca do centro, do concurso de postais de Nadal organizado polo concello a:
Enzo Calvo Amarelle
Adrian Gómez Gende
Xabier Pensado Blanco
Jesús Vilar Calvo
Nerea López Romero
Lorena Porteiro Fajín
Parabéns a todas e todos os participantes e especialmente aos gañadores que o fixeron moi ben. Estamos orgullosos de vós.
Actuacións de Nadal!
Deixámosvos no seguinte enlace o vídeo das actuacións de Nadal, deste ano tan atípico.
Infantil interpretou a canción de "Rodolfo el reno"
1º e 2º interpretaron a canción "Rock dos pastores"
3º e 4º cantaron "Un día de inverno"
5º cantou "Xa chega o Nadal"
6º interpretou "Tres Reis en bicicleta"
Desexámosvos unhas boas festas!