jueves, 31 de marzo de 2022

Podcast - O universo

O alumnado de Educación Infantil quíxonos mostrar todo o que saben sobre o Universo, dando a coñecer o seu proxecto a través da radio escolar. Neste programa especial fálannos dos planetas que forman o Sistema Solar, das estrelas e as constelacións, das fases da Lúa...

Está atento e non te perdas detalle!

Se desexas escoitar o podcast só debes de facer  clic sobre a imaxe.




Se o alumnado de infantil espertouche a curiosidade por saber máis sobre os segredos do Universo, estes son algúns dos libros que leron na clase.








Traballando a poesía

O alumnado de 5º de Educación Primaria celebrou o Día Mundial da Poesía, 21 de marzo, compoñendo estrofas dedicadas ao Carballo do banquete de Conxo.


Coa conmemoración do Día Mundial da Poesía preténdese impulsar a diversidade lingüística a partir da expresión  poética, promover o ensino e a aprendizaxe da poesía, así como fomentar a tradición oral dos recitais poéticos...


Por outra banda, tentouse darlle visibilidade a esta árbore centenaria do bosque do banquete de Conxo, con máis de 250 anos de vida.


Esperamos que vos gusten estas rimas.












miércoles, 30 de marzo de 2022

Campaña - Ti si que es un bo peixe.

O martes 22 de marzo puidemos gozar do programa creado pola Consellería do Mar: "Ti si que es un  bo  peixe".

Este programa ten como obxectivo facilitar o coñecemento do consumo de produtos frescos do mar entre a poboación infantil e xuvenil.

Todo o alumnado recibiu como detalle un receitario e un póster, que tamén se pode descargar desde a súa páxina web.

-  https:// tisiqueesunbopeixe. xunta. gal/ index.html

Aquí deixámosvos unha mostra fotográfica da presentación do programa: "Ti si que es un un  bo  peixe", realizado na biblioteca escolar.











lunes, 21 de marzo de 2022

Infantil na Radio Fuco

O alumnado de Educación Infantil disfrutou da radio, realizando un programa especial sobre Rosalía de Castro. 

Para acceder ao podcast fai clic na imaxe.



jueves, 17 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

 

Durante a semana da prensa, celebrada do 7 ao 11 de marzo, o alumnado de primaria traballou con diversos xornais e revistas seleccionando artigos vinculados coa muller ou con protagonistas femininas.

Traballouse a prensa como medio de comunicación social, como instrumento de aprendizaxe e de acceso á información. Analizamos as noticias e seleccionamos artigos das diversas seccións. Tamén puidemos comprobar como algunhas  das seccións teñen máis volume de artigos centrados en  mulleres. Algúns exemplos son: a sección de deportes ou a sección de sociedade.

Doutra banda, o alumnado de infantil fixo o cartel presentación da exposición da semana da prensa, utilizando unha técnica  tipo colaxe.

Aquí tedes unha mostra dos nosos paneis e murais expositivos, comezando polo cartel presentación do grupo de Educación Infantil.











 





jueves, 10 de marzo de 2022

A MULLER COMO REFERENTE.

Para celebrar o 8 de marzo, o día internacional da Muller, no centro decidimos fixar a nosa atención naquelas mulleres que foron, son e serán referentes na vida de cada un dos nosos alumnos/-as.

O alumnado de educación infantil retratou á súa figura feminina de referencia, con moita orixinalidade e cor. 



Os  alumanos/-as de 1º e 2º de educación primaria debuxaron mulleres de referencia nun escenario laboral e acompañaron os debuxos cunha oración.





O resto do alumnado de Educación Primaria elaboraron un texto. Nel presentaban, describían e explicaban por que a persoa elixida era importante na súa vida e supoñía un referente para eles e elas. Cada texto foi acompañado co debuxo ou a fotografía da persoa en cuestión: bisavoa, avoa, nai, madriña, tía, irmá...

Todos os traballos foron expostos na entrada do centro para poder ser compartidos coas familias.










O alumnado de terceiro e cuarto elaborou ramos con papel crespón e  limpapipas para regalar ás mulleres especiais nas súas vidas.


Desde a área de relixión elaboráronse marcapáxinas, acompañados dun pequeno texto facendo referencia á importancia da muller e á igualdade de xénero.





miércoles, 2 de marzo de 2022

Entroido 2022

 XOVES   24/02/2022













VENRES   25/02/2022

"Emigrando con Fuco"

















O GRAN CAMIÑO.

2 Etapa. Camiño da Coruña. Costa da Morte. Bertamiráns - Ézaro. Paso por Santa Comba.









ACTUACIÓN:

  - Tanxugueiras - TERRA

  - Artistas: Alumnado de Educación Infantil









Dedicado a Rosalía...

Despedímonos do mes de febreiro  mostrandovos como quedou o noso grafiti dedicado a Rosalía de Castro. Como vos adiantabamos na entrada anterior do blogue, unha das actividades programadas para a celebración do 23 de febreiro era retratar a Rosalía, xunto con algunha das súas marabillosas estrofas. As estrofas seleccionadas atópanse vinculadas co noso proxecto anual "Emigrando con Fuco". Nestas reflíctese unha realidade pasada e presente e o sentimento que acompaña deixar a terra natal en busca de oportunidades.