Mostrando entradas con la etiqueta STEAM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta STEAM. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de febrero de 2019

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

No “Día Internacional da muller e a nena na ciencia” reunímonos todo o cole na biblio para reflexionar sobre os motivos que fan necesaria a conmemoración deste día.



Ademais sorteamos o nome de 7 ilustres mulleres científicas da historia que teremos que investigar con data límite do 25 de febreiro (as profes tamén temos o noso sobre para investigar... tocounos Valentina Tereshkova). Co que atopemos crearemos uns murais que pasarán a estar expostos nun novo espazo “A rúa dá ciencia”. Unha rúa que conducirá á biblio e que inaugurará o día 25 Marilar Aleixandre, muller científica cunha impresionante traxectoria.
Pois nada, póñemonos man a obra para dar forma a nosa Rúa da Ciencia a través da investigación!

viernes, 30 de noviembre de 2018

DIA DA CIENCIA EN GALEGO

Dende hai uns cantos anos o 30 de novembro adícase a conmemorar esta data como o "Día da Ciencia en Galego". No noso cole estamos moi concienciados da relevancia que ten a ciencia e todo o ámbito científico e todas as posibilidades que nos ofrece para desenvolver un mundo mellor.

Para iso, para esta xornada decidimos organizar para todo o alumnado unha Feira STEAM, onde cada curso presentaría nun stand propio un experiemento relacionados coas áreas STEAM para dar a coñecer actividades científicas a outros compañeiras/os do cole. Alén disto a Feira sería inaugurada pola científica Teresa Fernández, investigadora e profesora da Universidade de Santiago que coordina na actualidade dous proxectos STEAM a nivel nacional.


Os talleres que se puideron visitar na Feira foron os seguintes:

SPIN- ART: O alumnado de infantil preparou un experimento donde a través do uso dun spiner e da forza centrípeta e centrífuga podemos preparar un mural cuns debuxos preciosos.




NATUREZA, ARTE E MATEMÁTICAS: Os nenos e nenas de primeiro e segundo falaron do  land-art, que é unha corrente da arte contemporáneo na que a paisaxe é a obra de arte están estreitamente enlazados. Utiliza elementos da natureza como material para intervir en sí mesma. A súa proposta parte da análise xeométrica e matemática dun tipo concreto de land-art, os mandalas. Analizamos conceptos como punto, liña, radio, as distintas figuras planas que se empregan para a súa composición, ou a simetría.  Para elo realizaremos con elementos do noso medio un mandala e explicaremos o elementos que o configura.


 
¿MAXIA OU MATEMÁTICAS?:  As nenas e nenos de 3º de EP gústalles moito a maxia e as matemáticas. Así que se converteron en matemagos, de xeito que realizando pequenos trucos de maxia nos que sempre se deben empregar as matemáticas para poder resolvelos. As mates están presentes en moitas cousas da nosa vida diaria, como tamén nos dados e nas barallas de cartas.



KILEAUA EN ERUPCIÓN: O alumnado de 4º de EP estivo estudando recentemente o que son os volcáns e como se produce a erupción dos mesmos, polo que decidiron explicar como se produce facendo unha simulación do último volcán do continente que así o fixo.





¿QUEN É ROBOBO?: Hoxe en día unha das aplicacións máis importantes da ciencia e na enxeñaría, polo que o alumnado de quinto de primaria organizou un taller con Robobo, un simpático robot que pode facer moitas cousas utilizando a súa lingua materna : o programa Scratchx.  A través deste programa dámoslle pequenas comandas o robot controlando determinadas variables dos seus movementos: o tempo, a distancia, os xiros, cando falar, etc...



¿COMO PODEMOS INFLAR UN GLOBO?: Todos coñecemos a forma clásica de inflar un globo, pero o alumnado de sexto de primaria decidiu mostrar no seu stand como coa realización dunha reacción química simple se pode facer reaccionar dous elementos de xeito que o reactivo que nace desa mistura sexa capaz de inflar un globo.



jueves, 1 de marzo de 2018

Cuarto Reto STEAM: torre de palillos e plastilina o máis alta posible

O pasado martes todos os alumnos/as e profes acudimos a Sala Castelao para a resolución do cuarto dos retos STEAM. Este consistía en construír unha torre con palillos e plastilina o máis alta e resistente posible

Aquí tedes a lista dos inventores deste mes!


Deixámosvos un vídeo coas torres que chegaron explicados pol@s propi@s inventor@s!!



Queremos dar moitas gracias a tod@s os participantes e sobre todo aqueles que mes a mes vos esforzades en facelos!



Apertas para tod@s!

jueves, 1 de febrero de 2018

Terceiro Reto STEAM: O sistema de flotación para o noso boneco favorito

O pasado xoves todos os alumnos/as e profes acudimos a Sala Castelao para a resolución do terceiro dos retos STEAM. Este consistía en crear un sistema de flotación para que o noso bonec@ favorito puidese flotar  nun caldeiro de auga.

Aquí tedes a lista dos inventores deste mes!


Deixámosvos un vídeo cos sistemas que chegaron explicados pol@s propi@s inventor@s!!


Queremos dar moitas gracias a tod@s os participantes e sobre todo aqueles que mes a mes vos esforzades en facelos!

Apertas para tod@s!

lunes, 1 de enero de 2018

Segundo Reto STEAM: Maceta autorregante

O pasado xoves todos os alumnos/as e profes acudimos a Sala Castelao para a resolución do segundo dos retos STEAM. Como nos últimos meses do ano que acabamos de abandonar tivemos certos problemas de sequía, ocorréusenos deseñar unha maceta autorregante para que as nosas plantas non pasen sede!
Este é o listado dos nosos superinventores deste mes:



Aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas probas que fixemos dos nosos grandes inventos!


Moitas gracias a tod@s por participar! Sodes xeniais!

jueves, 30 de noviembre de 2017

Primeiro Reto STEAM: Como unha pelota de ping-pong pode recorrer un recorrido dun metro exacto?

O pasado martes todos os alumnos/as e profes acudimos a Sala Castelao para a resolución do primeiro dos retos STEAM. O primeiro reto consistía en crear un percorrido polo que unha pelota de ping-pong recorrera un metro de distancia podendo pasar por tres superficies distintas.
Aquí vos deixamos a lista dos nosos superinventores deste mes!


Agora podedes ver un pequeno vídeo de como foron todos os recorridos polos distintos circuitos:


Moitisimas grazas a tod@s pola vosa participación!!

martes, 7 de noviembre de 2017

Os retos STEAM

Este curso comezamos unha nova actividade na que vos convidamos a participar todo o alumnado é as súas familias.
O ano pasado creamos un Recanto Maker, recanto que convida á creatividade a través das ciencias, e no marco deste recanto xorde a idea dos RETOS STEAM (Science – Ciencia, Technology – Tecnoloxía, Engineering – Inxeñería, Art – Arte e Maths – Matemáticas).
  

Cada mes propoñeremos un reto aos nenos e nenas, ao que poderedes intentar dar solución en familia dun xeito orixinal e creativo. Ao final do mes os nenos e nenas presentaran todas as posibles solucións, para o que faremos unha xuntanza o último xoves de cada mes na hora de ler.

Estivemos presentado toda a información sobre os mesmos ao alumnado e propoñendolle o primeiro reto.



primeiro reto titúlase: CREAMOS UN CIRCUÍTO POLO QUE UNHA PELOTA DE PING-PONG PERCORRA 1 METRO DE DISTANCIA XUSTO?


Podemos empregar todo tipo de materiais, especialmente refugallo, de xeito que non compredes nada para a resolución do reto. Ao final do mes publicaremos o
INVENTARIO DE SUPERINVENTOR@S E OS SEUS PROXECTOS
P.D. Se alguén se anima pode pode compliar co reto con algunha destas variantes (ou cas dúas): que a pelota siga unha traxectoria ascendente nalgún momento ou que apelota discurra por 3 superficies diferentes.
GuardarGuardar