Mostrando entradas con la etiqueta novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novidades. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de octubre de 2016

NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA. Vinde a coñecelas!!

Hoxe adquirimos novos fondos para a biblioteca. Estes son algúns exemplos dos libros mercados. Agardamos que vos gusten! Vinde a coñecelos!






lunes, 10 de octubre de 2016

XORNAL "O PAPAGAIO". Nova publicación periódica en galego na biblioteca.

Nace un proxecto editorial novidoso: O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual, co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal.
O primeiro número xa chegou á nosa biblioteca. Agora xa podedes mantervos informad@s sobre a  actualidade!




viernes, 7 de octubre de 2016

NOVIDADES!! Fondos con ampliación de contidos a través de códigos QR

Aproveitando que o ano pasado a final de curso se mercou unha tablet para a biblioteca, en algúns libros comezaron a aparecer uns códigos cadrados chamados códigos QR. Xa nos ensinaron que na tablet hai unha aplicación que é quen de leelos e levarnos á páxina enlazada. Gracias a este sistema, podemos escoitar a canción de "Corre, corre, cabaciña" ou ver a curta de "A bruxa regañadentes" despois de ler os libros.
Para as familias, estes libros están de momento na biblioteca para acostumarnos ao uso da aplicación, pero en canto poidan comezar a formar parte do préstamo habitual, podedes baixar un "lector de códigos QR" para os vosos teléfonos intelixentes. Así poderedes gozar en familia dos contidos asociados. No cole estamos encantados!