martes, 30 de octubre de 2018

Contacontos para os pequenos do cole

Ola a tod@s!

Hoxe os nosos pequenos de 4 e 5 anos pasaron unha agradable mañá participando nun contacontos. O conto co que desfrutaron foi "Te quiero casi siempre", o cal escoitaron coas orellas moi abertas e moi caladiños para non perder nin un só instante.




Despois de ler o conto , fixeron un pequeno obradoiro onde cada un construiu e decorou a súa propia máscara. Aqui os tedes traballando duramente para obter o seu produto final.







Pasárono xenial!!!!

lunes, 22 de octubre de 2018

As espigas literarias


Ola amig@s!

Dende onte xa estamos no Outono, polo que xa chega a esta nosa terra querida o frío, a choiva, a caída da folla e a recollida do millo!
Así que coma todos os anos no noso cole, para darlle a benvida a esta estación facemos un exposición na entrada decorando espigas. Este ano as espigas foron decoradas seguindo unha temática moi arraigada este ano no cole, xa que son espigas literarias!!! Como temos unha biblioteca nova decidimos que este ano a decoración tería que ver con todo aquelo que temos dentro dela. Así que como veredes nas fotos as nosas espigas foron moi variadas: Dende unha represetanción da Brancaneves e os sete ananos, ao propio Don Quixote e ata a mesma Alicia (encargada da biblio)!!







Dende aquí queremos dar as grazás tanto ao alumnado coma as familias participantes pola colaboración e por todo o traballo realizado.

E xa sabedes, polo outono: uvas, castañas e leite con mel!!!

miércoles, 17 de octubre de 2018

Temos biblioiteca nova!!!

Ola a tod@s!!!

Despois de tres meses de obras, montaxes e preparativos hoxe podemos contarvos que xa temos unha NOVA BILIOTECA!!!!!
Estamos todos moi contentos de poder desfrutar das cousas da antiga biblio pero agora ampliadas e cun espazo único e exclusivo. Neste precioso vídeo podes observar como foi o proceso de cambio e como é a nosa nova biblioteca mentrás estamos a organizar unha gran inauguración oficial!




Esperamos que vos gustase moito o video de todo o proceso e de como está a nosa nova SUPER BIBLIO!!!

Bicos a moreas!

martes, 2 de octubre de 2018

Xa case temos a biblioteca lista!!

Bo día amig@s!!!

Nesta última tempada estamos a traballar na nova biblioteca sen descanso! Durante todos os momentos que temos libres estamos a recolocar libros, montando mobles ou colocando cousas varias.






Estamos a traballar sen descanso, pero moi ledos de ver todo o proceso de creación da gran e fermosa biblioteca que estamos a montar!

Proximamente teredes máis novas

Saudiños