Mostrando entradas con la etiqueta familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta familias. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de noviembre de 2018

O MAGOSTO

Xa temos aquí o outono! Con él chega a caída da folla e o frío, un tempo no que mudamos a roupa e non imos preparando de cara o duro inverno.

Coma todos os anos nestas datas organizamos o tradicional magosto para comer castañas asadas e chocolate xunto coas nosas familias. Este ano as castañas foron asadas polos nosos cociñeiros Fernando e Carmen, que estaban boísimas.




Todos xuntos comemos, cantamos e bailamos! Tamén se non uniron a cantar e bailar dúas avoas, que nos ensinaron moitas cousas.




Pasámolo moi ben!

lunes, 22 de octubre de 2018

As espigas literarias


Ola amig@s!

Dende onte xa estamos no Outono, polo que xa chega a esta nosa terra querida o frío, a choiva, a caída da folla e a recollida do millo!
Así que coma todos os anos no noso cole, para darlle a benvida a esta estación facemos un exposición na entrada decorando espigas. Este ano as espigas foron decoradas seguindo unha temática moi arraigada este ano no cole, xa que son espigas literarias!!! Como temos unha biblioteca nova decidimos que este ano a decoración tería que ver con todo aquelo que temos dentro dela. Así que como veredes nas fotos as nosas espigas foron moi variadas: Dende unha represetanción da Brancaneves e os sete ananos, ao propio Don Quixote e ata a mesma Alicia (encargada da biblio)!!







Dende aquí queremos dar as grazás tanto ao alumnado coma as familias participantes pola colaboración e por todo o traballo realizado.

E xa sabedes, polo outono: uvas, castañas e leite con mel!!!

martes, 7 de noviembre de 2017

Os retos STEAM

Este curso comezamos unha nova actividade na que vos convidamos a participar todo o alumnado é as súas familias.
O ano pasado creamos un Recanto Maker, recanto que convida á creatividade a través das ciencias, e no marco deste recanto xorde a idea dos RETOS STEAM (Science – Ciencia, Technology – Tecnoloxía, Engineering – Inxeñería, Art – Arte e Maths – Matemáticas).
  

Cada mes propoñeremos un reto aos nenos e nenas, ao que poderedes intentar dar solución en familia dun xeito orixinal e creativo. Ao final do mes os nenos e nenas presentaran todas as posibles solucións, para o que faremos unha xuntanza o último xoves de cada mes na hora de ler.

Estivemos presentado toda a información sobre os mesmos ao alumnado e propoñendolle o primeiro reto.



primeiro reto titúlase: CREAMOS UN CIRCUÍTO POLO QUE UNHA PELOTA DE PING-PONG PERCORRA 1 METRO DE DISTANCIA XUSTO?


Podemos empregar todo tipo de materiais, especialmente refugallo, de xeito que non compredes nada para a resolución do reto. Ao final do mes publicaremos o
INVENTARIO DE SUPERINVENTOR@S E OS SEUS PROXECTOS
P.D. Se alguén se anima pode pode compliar co reto con algunha destas variantes (ou cas dúas): que a pelota siga unha traxectoria ascendente nalgún momento ou que apelota discurra por 3 superficies diferentes.
GuardarGuardar

miércoles, 25 de enero de 2017

Visítanos o avó de Antía para axudarnos coa poda e contarnos sobre os enxertos

Hoxe tivemos con nós ao avó de Antía. Estívonos explicando que é preciso podar nos meses de inverno, cando a sabia das árbores ten menos actividade. É tamén esta a época de enxertar, que é unir unha pola de outra árbore a unha árbore que xa temos pero que non da os froitos que nos gustaría que dese. A partir desa unión dende o enxerto, a planta convírtese na da variedade enxertada. Parece un trabalinguas, pero o avó de Antía ensinounos como se facía e quedounos moi claro.
Despois saímos a ver como estaban as árbores de patio, e con pena descubrimos que moitos froitais están estropeados polo fío da desbrozadora. Así que xa sabedes, cortade a herba con tino!





martes, 24 de enero de 2017

Plantamos allos e ceboletas

Seguimos coa horta e nesta ocasión tocoulle aos allos e as cebolas. Para plantar os allos separamos cada un dos seus dentes dos que crecerá unha nova pranta cun allo con todos os seus respectivos dentes. Por certo, Tina comentounos, nesta ocasión, que debemos enterrar a semente nun burato que teña o dobre de fondo que o tamaño da mesma. Canto aprendemos!




jueves, 15 de diciembre de 2016

Plantamos hortensias

Un dos obxectivos do proxecto deste ano é mellorar o noso patio. Neste contextos démonos conta de que tiñamos poucas flores, e para poñerlle remedio iremos plantando distintas especies. Hoxe tocoulle ás hortensias. Tina falounos de que no momento da poda se poden reproducir a partir das polas cortadas.



lunes, 12 de diciembre de 2016

Sementamos trigo e centeo por Sta. Lucía

Sta. Lucía é o 12 de decembro, e Tina, esa marabilla de mamá colaboradora, contounos que é época de plantar o trigo e o centeo. Así que alá fomos, xuntámonos todos na horta e explicounos varias cousas destes cereais. Por exemplo, que o centeo é un cultivo tan duro, que se aproveita para facer cultivos del nos montes, onde a terra non é tan fértil. Tamén nos dixo que ao principio case non podemos diferenciar as plantas, que fai falla que saía a espiga para poder facelo. Tamén que o gran de ambos cereais se moe para obter fariña coa que se fai pan. E que o pan de millo (a broa) precisa algo de fariña de centeo para que saia ben. Un pozo de sabiduría estas familias nosas.
Despois fixemos un pequeno descanso no que disfrutamos dun dos grandes praceres do outono: xogar coas follas caídas! Que ben o pasamos.
Finalizamos a xornada facendo uns semilleiros de leituga, porro, acelga e cebola, que máis adiante transplantaremos ao invernadoiro e á horta.
Unha tarde moi completa na que aprendemos moito divertíndonos.










domingo, 4 de diciembre de 2016

Aprendemos a enrestrar cebolas

De novo Tina, que sempre está con nós e da que aprendemos moitísimo, trouxonos palla para enrestrar as cebolas que recollemos na horta. Ensinounos como se fai e mesmos estivemos probando. Parece ser que deste xeito, ademais de quedar mellor recollidas, duran máis. Foi moi interesante.