lunes, 12 de diciembre de 2016

Sementamos trigo e centeo por Sta. Lucía

Sta. Lucía é o 12 de decembro, e Tina, esa marabilla de mamá colaboradora, contounos que é época de plantar o trigo e o centeo. Así que alá fomos, xuntámonos todos na horta e explicounos varias cousas destes cereais. Por exemplo, que o centeo é un cultivo tan duro, que se aproveita para facer cultivos del nos montes, onde a terra non é tan fértil. Tamén nos dixo que ao principio case non podemos diferenciar as plantas, que fai falla que saía a espiga para poder facelo. Tamén que o gran de ambos cereais se moe para obter fariña coa que se fai pan. E que o pan de millo (a broa) precisa algo de fariña de centeo para que saia ben. Un pozo de sabiduría estas familias nosas.
Despois fixemos un pequeno descanso no que disfrutamos dun dos grandes praceres do outono: xogar coas follas caídas! Que ben o pasamos.
Finalizamos a xornada facendo uns semilleiros de leituga, porro, acelga e cebola, que máis adiante transplantaremos ao invernadoiro e á horta.
Unha tarde moi completa na que aprendemos moito divertíndonos.










No hay comentarios:

Publicar un comentario