Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
No marco do "Proxecto Escornabots" de Bibliotecas Escolares de Galicia, acabamos de recibir unha impresora 3D!! E chegou o momento de recibir formación. O luns 26 de xuño estivemos en Santiago convocados por Bibliotecas Escolares para recibir a formación precisa.
Mirade! Coa impresora 3D podemos facer todas estas cousas e moitísimas máis!! É impresionante!
Recibimos formación sobre a propia impresora e sobre repositorios con arquivos imprimibles e sobre o CURA, un programa de preparación deses arquivos para impresión!
Non sei se estaremos no mellor cole do mundo, pero dende logo somos un grandísimo cole. A Feira Solidaria da Primavera xa pasou e todas as nenas e nenos do noso cole traballaron moi duro para facer a vida dos nenos e nenas do Pobo Saharaui un pouquiño mellor. O día da Feira foi máxico.
Conseguimos recadar 911€!!!
Moitísimas grazas tamén á nosa comunidade escolar, porque sempre estades aí, e porque apoiáchedes con todas as vosas forzas aos nosos nen@s para facer esto posible. Deixamos o vídeo no que podedes ver o ambientazo da Feira.
Agora a disfrutar das vacacións, que as temos tod@s moi, pero que moi merecidas!!