Estamos moi orgullosos do noso alumnado e exalumnado pola súa participación na primeira edición do certame literario Re-Versos, que reuniu máis dun cento de propostas de toda Galicia.
Queremos felicitar a todo o alumnado participante, porque cada texto presentado representa ilusión, creatividade e amor pola palabra. E, dun xeito moi especial, celebramos os premios acadados:
🏆 1.º premio: Julia Sande Barreiro
✨ Accésits: Ainara Calvo Vázquez, Daniela Castro Rosende, Martina López Maroñas e Kevin Velo López.
Tamén nos alegra enormemente atopar entre as persoas coñecidas a Edurne, Saray, Javi, Carla, Sara e Noa, antigos alumnos e alumnas do noso centro, que continúan demostrando o seu talento e a súa paixón pola literatura.
Parabéns a todo o alumnado participante e, especialmente, ás persoas premiadas! Desde a biblioteca sentímonos moi orgullosos e orgullosas de vós. 💜📚✍️
Seguiremos creando espazos para ler, escribir, imaxinar e compartir palabras.