viernes, 2 de octubre de 2026

Moito talento entre as nosas palabras!

Estamos moi orgullosos do noso alumnado e exalumnado pola súa participación na primeira edición do certame literario Re-Versos, que reuniu máis dun cento de propostas de toda Galicia.

Queremos felicitar a todo o alumnado participante, porque cada texto presentado representa ilusión, creatividade e amor pola palabra. E, dun xeito moi especial, celebramos os premios acadados:

🏆 1.º premio: Julia Sande Barreiro

✨ Accésits: Ainara Calvo Vázquez, Daniela Castro Rosende, Martina López Maroñas e Kevin Velo López.

Tamén nos alegra enormemente atopar entre as persoas coñecidas a Edurne, Saray, Javi, Carla, Sara e Noa, antigos alumnos e alumnas do noso centro, que continúan demostrando o seu talento e a súa paixón pola literatura.

Parabéns a todo o alumnado participante e, especialmente, ás persoas premiadas! Desde a biblioteca sentímonos moi orgullosos e orgullosas de vós. 💜📚✍️

Seguiremos creando espazos para ler, escribir, imaxinar e compartir palabras.




No hay comentarios:

Publicar un comentario