domingo, 22 de mayo de 2022

Podcast - Letras Galegas 2022

Dando continuidade á celebración das Letras Galegas, quixemos realizar un programa especial de radio dedicado á figura do poeta  Florencio Manuel Delgado  Gurriarán.

Se tedes curiosidade por coñecer a súa vida e parte da súa obra, escoitar o seguinte podcast.

Acceso ao programa de radio,  clickando na imaxe: 


Música de fondo:

Undercover Vampire Policeman de Chris Zabriskie está sujeta a una licencia de Atribución 4.0 de Creative Commons. https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/

Fuente: http://chriszabriskie.com/uvp/

Artista: http://chriszabriskie.com/



Entrega de premios "Letras Galegas 2022"

O venres (20/05/2022), a alcaldesa (María José Pose Rodríguez) e a concelleira de cultura (Cristina Fajín Barreiro), entregaron os premios do  XXIII concurso de redacción para escolares "As  nosas letras 2022", polas súas historias narradas en Santa Comba 


Felicidades aos premiados e seleccionados, así como todos os participantes.




















OS MAIOS

O xoves (19/05/2022), o alumnado de 2º ciclo realizou dous pequenos maios, que durante estes días decoraron a entrada da biblioteca, acompañados de libros de botánica.

Esta actividade desenvolveuse coincidindo co tema das civilizacións prerromanas, para dar a coñecer esta celebración primaveral que asimilaron os romanos e chegou ata os nosos días.









jueves, 19 de mayo de 2022

As nosas letras 2022

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado ao poeta  valdeorres  Florencio Manuel Delgado  Gurriarán, ambientamos a nosa entrada da biblioteca con dous paneis referenciados ao poeta e unha selección da súa vida e obra, ambos acompañados dunha colección de libros dedicados aos homenaxeados no Día das Letras Galegas.












Tamén participamos no concurso de relatos, que celebra o Concello de Santa Comba todos os anos, coincidindo coas Letras Galegas. A continuación faise constar ao alumnado seleccionado e premiado: 



Proximamente os participantes e os seleccionados recibirán os seus diplomas e os seus premios.

sábado, 14 de mayo de 2022

Pepe Xan Baña - 150 anos

A continuación recóllense as bases do 1º concurso de debuxo "Pepe Xan Baña", con motivo do seu 150 aniversario.

Especialmente importante o 2º punto, relativo ao tema. Debe de presentarse un debuxo orixinal, vinculado coa figura do poeta.






jueves, 12 de mayo de 2022

Consumo responsable e medio ambiente.

 O alumnado de 6º ensínanos, cos seus carteis, como coidar o planeta.






Estrelas tridimensionais

Deseñamos unhas preciosas e orixinais estrelas, coa nosa impresora 3D, como produto final do proxecto: "O Universo", levado a cabo polo alumnado da etapa de educación infantil.





RECUNCHO MAKER


Gozamos da biblioteca non só como espazo de lectura, senón como espazo de creación; pensando, facendo e aprendendo colaborativamente. Construíndo desde a creatividade e con distintos recursos, novos aprendizaxes e experiencias.














martes, 3 de mayo de 2022

Grandes escritores

Durante a nosa quincena do libro, elaboramos dous recompilatorios de textos literarios, uns escritos en prosa e outros en verso.

Os contos e poemas foron elaborados polo alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. Todos os contos partiron do tema proposto polo Mago Fuco para este ano, contando con protagonistas tan diversos como: obxectos, mascotas, seres fantásticos ou viaxeiros aventureiros.

Os poemas foron de estilo e temática libre, aínda que se en algo coinciden é que a maioría tratan sobre o bo tempo, o verán e o mar.

Agora atópanse ao dispor dos usuarios da biblioteca, nos expositores de entrada.









domingo, 1 de mayo de 2022

Viaxe ao mundo en máis de 80 libros.

Con motivo da celebración da quincena do libro, realizamos unha exposición, á que demos por título:  "Maletas viaxeiras. Viaxe ao mundo en máis de 80 libros."

A pregunta exposta polo noso Mago Fuco era: Se emigrases, que libros levarías contigo?

O resultado ou a resposta á devandita pregunta  foi a elaboración de maletas repletas de títulos e portadas dos seus libros favoritos. Cada grupo-clase realizou unha ou varias maletas, en diferentes estilos e con cores vistosas. Desde a área de inglés tamén se realizaron maletas por niveis educativos.

Esperamos que vos guste a nosa exposición viaxeira e  literaria.
























Yago Espasandín - "A hortiña"

Este venres (29/04/2022), o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria puido gozar do contacontos "A  hortiña" de Yago EspasandínCon esta obra, o seu autor e contador, non só puido explicar un pouco que é a "horta viaxeira", senón tratar temas vinculados co medio ambiente.

Esta é unha mostra do ben que o pasamos. 









"Ti si que es un bo peixe"

O mércores (27/04/2022), fomos de excursión a Laxe, para completar a actividade iniciada no centro "Ti si que es un  bo  peixe".

A campaña "Ti si que es un  bo  peixe", é unha das modalidades dentro do programa "Aliméntate ben", e está creado pola Consellería do Mar cun dobre obxectivo: facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre os máis  novos.

O alumnado de primaria puido visitar as instalacións portuarias, a lonxa e o Museo do Mar de Laxe. Ao longo da visita, contamos co acompañamento da conselleira do mar (Rosa Quintana Carballo), do alcalde de Laxe (José Luis Pérez Añón), a alcaldesa de Santa Comba (María Josefa Pose Rodríguez) e o patrón maior de Laxe (Manuel Villar Vidal), entre outras figuras destacadas.

Ao final da visita, recibimos unha bolsa con dúas preparacións realizadas a base de peixe e unha sobremesa láctea, que nos serviron para repoñer as pilas antes de coller o autobús de volta.

Aquí temos un resumo fotográfico


















Para máis información sobre o programa, podedes consultar estas dúas ligazóns:


Para acceder á noticia da Voz de Galicia, clicar na seguinte ligazón: