Mostrando entradas con la etiqueta radionabiblio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta radionabiblio. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de mayo de 2019

OBRADOIROS CON CHARO PITA

Este ano seguimos creando e mellorando os nosos programas de radio e para elo temos que continuar aprendendo máis cousas. Desta volta estivo durante dúas mañás no noso cole, Charo Pita que é unha experta en técnicas de radio e da cal aprendemos moitas cousas para darlle uso cando fagamos novos programas.
Unhas das moitas cousas que nos ensinou Charo foi o importante que é preparar e coidar a voz para falar na radio, porque fixemos exercicios de coidado e mantento da voz para vocalizar ben.


Dende aquí queremos darlle as grazás a Charo por vir o cole e axudarnos tanto!

viernes, 18 de mayo de 2018

17 de Maio: Día das Letras Galegas, día da nosa Lingua!


O pasado venres 18 de maio reunímonos todos os membros do colexio para celebrar o día das Letras Galegas que este ano se adicou a María Victoria Moreno.


Ao longo de todo o trimestre nas distintas titorías fóronse traballando cuestións en relación a esta celebración e a poeta a que se lle adicou. Como este ano inauguramos a Radio Fuco creouse un programa especial onde todos os alumnos/as foron vertendo todas as súas achegas.



Todos reunidos na Sala Castelao escoitamos os distintos programas e conversamos da relevancia de facer este tipo de celebracións.

Aquí os tedes para que poidades disfrutar tanto deles coma nós.



Feliz día das Letras Galegas!

miércoles, 16 de mayo de 2018

Visita de Paco López Barxas

O pasado mércores 16 de maio recibimos no cole a visita de Paco López Barxas que nos veu a falar das súas obras, en concreto de dúas centradas na cidade de Santiago de Compostela.



A través das súas obras Nemo e Sabela polos parques de Compostela e de Sar, Sarela e os monstros de Compostela; Paco fíxonos un divertido percorrido pola historia da cidade de Santiago facendo referencia a emblemáticos lugares e persoaxes así como a grandes obras que se poden ver na cidade.




Despois desta animosa charla e dun turno aberto de preguntas que resultou moi interesante, os alumnos de 4º e 5º prepararon unha entrevista para a Radio Fuco onde profundizaron un pouco na vida de Paco para coñecelo un pouco máis.




Dende aquí queremos dar as grazas a Paco por vir e convidámolo a facernos unha nova vista cando el queira!

martes, 24 de abril de 2018

martes, 13 de marzo de 2018

Primeiras probas para a sintonía oficial de Radio Fuco!!!

As nenas de nenos de 6º están traballando coa profe Andrea en música para a creación da sintonía oficial de Radio Fuco. De momento estiveron experimentando coas primeiras probas, aínda que xa se escoitan cousas ben xeitosas! 💞


domingo, 11 de marzo de 2018

Preparando programas para a radio!!

O alumnado de 4º e 5º estiveron traballando esta semana en dous programas para a radio. Un sobre dinamización da lectura na que recolleran opinións sobre os distintos libros que están a ler as nenas e nenos do cole, e outro trátase dun coloquio científico! Nada máis e nada menos ;)

Estiveron traballando sobre o título deses programas e sobre o contido as entrevistas que podían facerlle a@s convidad@s ao programa. 




Despois baixaron á radio a facer as primeiras probas para comprobar si funciona todo o que estiveron preparando. 





Que nervios!! En breve os primeiros podcast na rede á vosa disposición ;)

miércoles, 28 de febrero de 2018

1ª Proba da nosa radio!!! CONTO: "A viaxe das bolboretas". Nenos e nenas de 1º Ed. Primaria

Aquí temos a primeira proba!!


Un audioconto de OQO, "A viaxe das bolboretas". Este conto foi gravado polas nenas e nenos de 1º de Ed. Primaria despois de moito ensaio!! Agardamos que o disfrutedes ;)

jueves, 22 de febrero de 2018

RADIO FUCO!! Xa temos nome e logo!!

Despois dun duro certame cunha ampla participación... por fin temos o nome da radio e o logo!!!


Chamarase RADIO FUCO, nome proposto por Noa de Infantil e Claudia de 6º.



O logo corre a cargo de Xabi tamén de infantil, que conseguiu aunar as ideas cole e radio nun divertido debuxo que ademais para o xurado representa a colaboración, a amizade e a alegría de traballar na radio!

Aquí o tedes ;)



Aquí podedes ver a@s creador@s destes elementos que quedarán para a posteridade!


O logo decidimos vectorizalo porque facilitará o seu uso para distintos formatos e tamaños, e ademais engadímoslle o nome, polo que finalmente queda así de chulo!!



Quedaron expostas todas as propostas no corredor da biblio.


Podedes pasarvos a velas, e moitas gracias a tod@s pola vosa participación 💙.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Entramos no proxecto RADIO NA BIBLIO!!!!

Acabamos de recibir unha gran nova! O noso centro foi un dos 20 seleccionados para participar no proxecto piloto "RADIO NA BIBLIO", para a introdución da radio nas bibliotecas de centros públicos integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 



Non podemos estar máis content@s, xa que a entrada neste programa supón a achega ao centro dun recurso con grandes posibilidades que de seguro variará e mellorará moitas dinámicas no noso cole. Gracias ao programa recibiremos dotación para a creación dun estudio semiprofesional de radio e formación para a súa implementación. Un luxo que nos permitirá darlle sentido a moitas das aprendizaxes que levamos a cabo nas aulas. NORABOA A TOD@S! NOTICIÓN!!!

Así llo comunicamos ás familias:


Queremos agradecer moi profundamente a inmensa aposta polo educación de calidade no rural que están a facer dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Podedes consultar a resolución do programa na seguinte ligazón: texto da resolución