Mostrando entradas con la etiqueta escornabot. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escornabot. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de febrero de 2018

Pezas dun novo ESCORNABOT impresas

Na segunda formación sobre a impresora 3D, a cargo da Asesoría de Bibliotecas Escolares, fomos obsequiad@s coas pezas electrónicas dun ESCORNABOT coa finalidade de imprimir nós as plásticas na nosa impresora para dar forma a un novo robot.

E así o fixemos!! Neste caso ademais foi o alumnado o que puxo a andar a impresora!!



Unha vez impresas pasamos todo o cole pola impresora e cun ESCORNABOT na man fomos intentando ubicar as distintas pezas. 





Agora xa temos todas as pezas impresas e ademais aproveitamos para facer rodas de reposto, que é a peza que máis problemas nos da nos escornabots e que máis temos que cambiar.



Xa so nos queda montar o novo ESCORNABOT!!



martes, 21 de marzo de 2017

TODOS SOMOS MAKER! Obradoiros maker internivel

Como todos somos maker e neste cole nos encanta mezclarnos @s peques c@s maiores, organizamos uns obradoiros maker internivel. Mezclados por idades, dende os 3 aos 12 anos, pasamos unha divertida e interesante xornada, na que ademais de aprender, ampliamos as nosas posiblidades de xogo no recanto maker.
Os obradoiros elexidos foron 6, 4 relacionados cos escornabots e a programación, onde puxemos a proba aspectos matemáticos e creatividade. Un de littleBits, onde animamos ao Mago Fuco, e outro no que fixemos un proxecto maker que puidemos elaborar con material do máis cotiá, unha man robótica. Porque para ser maker non fai falta gran cousa, so moita imaxinación e creatividade ;)

Deixámosvos un vídeo resumo da intensa xornada. Agardamos que vos guste!


jueves, 9 de marzo de 2017

Escornabots... littleBits... RECANTO MAKER EN MARCHA!

Xa está en marcha, o noso RECANTO MAKER, no que seremos creativos, resolveremos ploblemas, plantexaremos retos, aprenderemos dos erros... XA ESTÁ EN MARCHA!! Como nos gusta!

Aquí podedes ver algunhas das actividades que estamos levando a cabo no mesmo.








martes, 21 de febrero de 2017

Presentación do recanto MAKER

Hoxe fomos á Sala Castelao e presentamos o recanto MAKER e os elementos que nel podemos atopar e que serán instrumento para deixar voar a nosa imaxinación e crear.

Deixámosvos a presentación que pasamos ;)



lunes, 20 de febrero de 2017

RECANTO MAKER LISTO!!

O noso RECANTO MAKER está listo! Quedou xenial. Mirade!


Esta é a lona que deseñamos e colgamos no recanto maker:


martes, 17 de enero de 2017

Montamos o moble do RECANTO MAKER

Se queremos ser MAKERS temos que poñernos xa mans á obra, así que comezamos por montar o moble que nos trouxo o Rei ApalpaNoel para o recanto.






lunes, 9 de enero de 2017

Chega o Rei ApalpaNoel á biblio! O RECANTO MAKER!

Cargadiño chegou o Rei ApalpaNoel este ano ao cole. Alguén lle dixo que queriamos montar un RECANTO MAKER!
Estamos contentísimos!




miércoles, 30 de noviembre de 2016

ESCORNABOTS. As colaboradoras montan os que faltaban

Nese proceso de montaxe do recanto MAKER, e dentro do proxecto ESCORNABOTS, de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que formamos parte, quedaban por montar dous escornabots cos que se estiveron "pelexando" as colaboradoras da biblio. Que ben o fixeron! Van para enxeñeiras!!