miércoles, 25 de octubre de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS



Con motivo da celebración do 24 de outubro, Día das bibliotecas escolares, os alumnos/as do centro fixeron as portadas dos seus contos favoritos. Aquí o veredes...




domingo, 18 de junio de 2023

Mes de xuño: BIBLIOMOBIL e descubrindo novos xogos



Neste mes seguiron as actividades dos padriños lectores que foron un gran éxito. De xeito espontáneo formáronse grupos, círculos de lectura e lectura en parellas. 



Coa actividade de “Brazolinda” descubrimos novos xogos didácticos que quedarán na nosa biblio. 

martes, 30 de mayo de 2023

MES DE MAIO CON OBRADOIROS

Durante este mes celebráronse As Letras galegas (vease a páxina central) e diversos obradoiros. Aquí podedes ver as fotos do día que viu Pablo Seoane mostrando os instrumentos musicais tradicionais. 



Pedro Iglesias fixo un obradoiro de radio:




miércoles, 17 de mayo de 2023

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS



Durante todo o mes de maio fixemos actividades relacionadas co Día das Letras galegas.
Este curso, o alumnado de quinto e sexto participou nun concurso de podcasts (vease páxina central) relacionado con Francisco Fernández del Riego. 
Parabéns polo ben que o fixeron! 




martes, 16 de mayo de 2023

Gastronomía de MÉXICO

Para tratar o tema das culturas do mundo, 
o ideal e traballar facendo e si podemos disfrutalo, 
ainda mellor. 

O alumnado de quinto e sexto de Primaria, 
coa axuda da nai de Iker Vilas, Lizzeth, que é mexicana e os profes Susana e Juan, convertíronse en magníficos cociñeiros preparando diferentes receitas. Qué rico estivo todo!  😋






















lunes, 24 de abril de 2023

APADRIÑAMENTOS

Seguindo a tradición do noso cole, un ano máis facemos a actividade de apadriñamento na que os maiores len os máis cativos. As fotos mostran o éxito da iniciativa:














LEERFLIX



Nada mellor ca lectura para engancharse! 






STORYTIME: Contacontos en inglés

Durante todo o curso facemos sesións de contacontos en Infantil e nos primeiros cursos de Primaria.

Con ocasión do Día do Libro grabamos uns contos presentados por Aaron. Aquí tedes unha mostra (as demáis as atoparedes no blog de inglés).







23 de abril: Celebración do DÍA DO LIBRO








Co motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, facemos diversas actividades dende a nosa biblio e as aulas  para promover a lectura entre o alumnado: 
Mostrador con selección temática como cada mes, elaboración do póster mensual e de marcapáxinas, decoración do cole, apadriñamentos e moito máis. 

   











miércoles, 29 de marzo de 2023

miércoles, 22 de marzo de 2023

DOCUMENTAIS NA BIBLIO




Aproveitando a posibilidade que ofrece a nosa biblio de proxectar vídeos, estamos a facer sesións de documentais pedagóxicos. Despois de velos, o alumnado fai unha redacción sobre o visto. 

miércoles, 8 de marzo de 2023

8 M, Celebración do Día Internacional da Muller

Este día destacado, no Pepe de Xan Baña o celebramos na biblioteca, onde se leron contos e cantaron cancións en galego, castelán e inglés. 
En cada titoría prepararon diversas actividades didácticas e decoraron as clases, pasillo e entrada do centro. 
As imáxenes son unha boa mostra da implicación de todas e todos.