Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de febrero de 2018

#AbrideAFiestra. Homenaxe a Rosalía

Chegou o 24 de febreiro, esa data na que sempre nos lembramos de Rosalía dun xeito especial.

Este ano, seguindo o hashtag #AbrideAFiestra, a proposta da AELG, e baixo a batuta da profe Andrea, abrimos a nosa propia fiestra para berrarlle ao mundo que amamos a nosa lingua, como a amaba Rosalía. Aquí tedes o fermoso vídeo:


Ademais, en algunha clase os nenos e nenas de infantil leron o poema "Lúa descolorida", xa que están no proxecto do espazo, un poema sobre este astro estaba moi conectado cos seus intereses neste momento. Despois crearon as súas propias lúas coloridas para alegrar á lúa, xa que consideraron que estaba triste por ser descolorida, e colocáronas nas fiestras.


Na clase de primeiro tamén lembraron a Rosalía. Convertírona nunha icona pop, decorándoa libremente, e rescataron fermosas e entrañables palabras dos seus poemas. Con todo iso crearon unha obra colectiva que quedou exposta no corredor para que tod@s poidan disfrutar dela.



VIVA ROSALÍA e a NOSA LINGUA!!

viernes, 24 de febrero de 2017

HORTIÑA DE ROSALÍA. 24 de febreiro

Como todos os anos por estas datas lembrámonos especialmente de Rosalía, e este ano, no marco do noso proxecto decidimos inaugurar unha hortiña, a súa hortiña. Esa hortiña que quería tanto e na que prantou figueiriñas. Nós prantamos distintos froitais, figueira tamén prantaremos, por suposto, e tamén algúns bulbos para darlle colorido coas súas flores.