martes, 19 de mayo de 2020

As Letras da cativas!

Bo día amigos e amigas,

como xa sabedes, o pasado 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, e por ese motivo, Martina e Daniella non quixeron deixar pasar a oportunidade de contribuir enviándonos unhas achegas ben xeitosas e interesantes.

En primeiro lugar, Martina recítanos unha cantiga galega que de seguro todos sabedes e coñecedes!


Pola súa parte Daniella, informouse ben e trae unha recompilación de refráns galegos para compartir con todos.


E vós, coñecedes algunha outra cantiga? E algún outro refrán? Animádevos e deixade os vosos comentarios cos refráns e cantigas que coñezades!


viernes, 15 de mayo de 2020

Os nosos Maios!

Benqueridos amigos e amigas,
Hoxe querémosvos mostrar as primeiras creacións de maios que nos fostes enviando con toda a vosa creatividade e o colorido característico desta festividade.

Botadelle un ollo e deixadenos nos comentarios a vosa opinión sobre o que vos parecen os maios e animádevos a enviarnos os vosos tamén!





miércoles, 13 de mayo de 2020

17 de maio, Día das Letras Galegas!

Queridos amigos e amigas,

como ben sabedes, o 17 de maio é o Día das Letras Galegas, e este ano están dedicadas ó escritos ferrolán Ricardo Carballo Calero.

Ó non termos clase ordinaria, non o se puido traballar este autor nas aulas. Con todo, non quixemos perder a oportunidade de vos amosar un pouquiño da súa vida e da súa obra.


Ademais, e para facelo máis interesante e emocionante, traémosvos tamén unha proposta interesante para que disfrutedes e pasedes un anaco desfrutando como se forades auténticos detectives para resolver un enigma!

Así é, hoxe traémosvos dous "escape rooms" nos que aprenderedes máis sobre Carballo Calero e no que tedes que resolver todos os enigmas empregando as pistas para chegar ata o final!

AVISO! Un deles é máis sinxelo que o outro, pero ambos están moi chulos e emocionantes para enredar un anaco!





martes, 12 de mayo de 2020

Primavera de Letras


Bo día amigos e amigas,

Hoxe querémosvos facer saber dun concurso que se vai a celebrar e que pensamos que vos gustaria participar.

O concurso chámase I Certame de Artes Plásticas Feiraco 2020: Primavera de Letras e está organizado por Feiraco e promocionado pola Xunta de Galicia.

Neste concurso hai dúas categorías, unha para os cativos e cativas de Infantil, e outra para os de Primaria e o que tedes que facer é unha cousa ben sinxela.

O que hai que facer é elaborar unha obra de arte que pode ser un debuxo, unha pintura, un collage, unha manualidade ou o que se vos ocorra e vós, papás e mamás, tedes que fotografalo ou escanealo para subilo á aplicación.

A temática "Primavera de Letras" consiste en que eles debuxen ou creen unha obra artística pensando o que para eles é o galego e que importancia ten. Por suposto, e como toda obra que se precie, debe ir firmada polo seu autor ou autora, e a súa idade.

E como non, os premios (elixidos por xurado) divídense en dúas categorías:
  • Premio Infantil (3 a 6 anos): unha xornada en fmailia para visitar Marcelle Natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.
  • Premio Primaria (7 a 12 anos): unha xornada en familia para visitar Marcelle natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.
Para máis información, podedes visitar a páxina Certame de Artes Plásticas e alí está todo moi ben explicadiño.

Por certo, unha suxerencia, podedes facer un cómic para presentarvos ó concurso, se vos gusta a idea, aqui vos deixo un enlace que colgamos na páxina do cole e que vos resultará de axuda Comic para plástica


viernes, 8 de mayo de 2020

2 + 2 = Teatro de monicreques!

Bo día amiguiños e amiguiñas,

hoxe queremos amosarvos que en tempos de confinamento temos tempo para todo. Senón que llo digan a Daniella e máis a Kilian, que pasan os días enredando con números, botádelle aquí unha ollada!




E finalmente, deixámosvos un teatriño de monicreques que nos preparou Mia. Se vos gustan os monicreques, podedes ver o titorial sobre como facelos na páxina do cole, no blogue de Artistas no confinamento, ou entrando directamente no seguinte link https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippepedexan/node/209



Seguide a enviarnos cousiñas, que nós estamos encantados de poder compartilas e que todos as vexades!


miércoles, 6 de mayo de 2020

Trebellando!

Bo día amigos e amigas,
no día de hoxe traémos unha mestura de cousas para vos ensinar.

En primeiro lugar, Luna enviounos dous contos chulísimos, un contacontos e outro que semella estar inventando por ela, botádelle un olliño que de seguro vos gusta!




E ademais, xa nos chegaron as primeiras fotos daqueles que vos animastes a facer os vosos Maios nas casas. Neste caso, os encargados foron Hugo e Enzo, mirade que chulo lles quedou!


lunes, 4 de mayo de 2020

Aí ven o Maio!

Aí vén o maio
de frores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo, 
pedíronme crocas 
dos meus castiñeiros.
Curros Enriquez. O Maio.

Bo día amigos, no día de hoxe queremos traervos unha superproposta.
Como xa seguro sabedes, os maios son unha celebración tradicional de Galicia, que  se celebra a primeiros de maio, ainda que nalgúns lugares exténdenas todo o mes de maio e parte de xuño, rematando o día de San Xoán. 

Esta festa celebra a chegada da primavera, por iso se fan estructuras con elementos típicos da estación en forma de árbore, como poden ser folla, flores, xetas, e froitos.

Propoñémosvos elaborar o voso propio MAIO, podedes empregar elementos da natureza como pólas, xestas ou follas, ou de reciclaxe como cartóns, tapóns ou envases, entre outros.

Mandádenos as vosas fotos ó mail da biblio pepedexanbiblio@gmail.com e publicarémola. Deixade voar a vosa creatividade!!

Aquí tedes algúns exemplos para vos inspirar: