Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
lunes, 29 de septiembre de 2014
miércoles, 24 de septiembre de 2014
Primeiro día de cole. Comezamos a andaina!
O 10 de setembro comezaron as clases, e no Pepe de Xan Baña xa é tradición comezar dun xeito distendido e agradable, no que prof@s e alumn@s se saúdan e comentan as vacacións. É tradición tamén propoñerlle aos peques uns obradoiros que fagan o día o máis divertido posible. Este ano, e para comezar con bo pe a andaina arredor do mundo, decidiuse relacionalos con outras culturas e engalanarnos seguindo as tradicións de países lonxanos pero aos que quixemos sentir cerca.
Os obradoiros elexidos foron catro: un de papel maché no que se comezou o que será unha enorme bola do mundo, outro de maquillaxes tribais, e dous máis de xoias ao máis puro estilo étnico, un de colares de outro de pulseiras.
@s nen@s e @s prof@s disfrutamos moito e marchamos totalmente engalanados para as nosas casas.
Agardamos que vos gustase tanto como a nós!
Seguimos xirando arredor do mundo!
Este ano, continuamos xirando arredor do mundo no noso proxecto de centro. Coa "Volta ao mundo (II)", percorreremos o noso planeta fixándonos nas zonas climáticas do mesmo. De momento ata aquí podemos ler...
Estade atentos ás novas!!
http://www.jugarijugar.com/es/puzzles-y-puzzles-reinventados/1321-puzzle-la-vuelta-al-mundo.html |
martes, 23 de septiembre de 2014
Benvida do Mago Fuco
Ola a
todos e todas! Como vedes, xa temos un blog da nosa biblioteca. Por se alguén
non me coñece... son o Mago Fuco!, ese misterioso personaxe que vos
acompaña sempre que visitades a biblioteca, que vos axuda a atopar os
libros e está ao tanto do que máis vos gusta ler... E non esquezades, que Rafuca,
a miña axudante tamén está alerta de todo canto acontece na nosa biblioteca. A
partires de agora poderedes ver todas aquelas actividades de animación á
lectoescritura que se desenvolvan no centro e partipar deixando os vosos
comentarios e suxerencias.
Espero que sexa do interese de toda a comunidade educativa. Espérovos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)