miércoles, 24 de septiembre de 2014

Primeiro día de cole. Comezamos a andaina!

O 10 de setembro comezaron as clases, e no Pepe de Xan Baña xa é tradición comezar dun xeito distendido e agradable, no que prof@s e alumn@s se saúdan e comentan as vacacións. É tradición tamén propoñerlle aos peques uns obradoiros que fagan o día o máis divertido posible. Este ano, e para comezar con bo pe a andaina arredor do mundo, decidiuse relacionalos con outras culturas e engalanarnos seguindo as tradicións de países lonxanos pero aos que quixemos sentir cerca. 
Os obradoiros elexidos foron catro: un de papel maché no que se comezou o que será unha enorme bola do mundo, outro de maquillaxes tribais, e dous máis de xoias ao máis puro estilo étnico, un de colares de outro de pulseiras. 
@s nen@s e @s prof@s disfrutamos moito e marchamos totalmente engalanados para as nosas casas.





Agardamos que vos gustase tanto como a nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario