miércoles, 23 de septiembre de 2026

🍄 Xornada micolóxica na biblioteca

 Para dar a benvida ás nosas xornadas de charlas na biblioteca, tivemos unha visita moi especial da man de Miriam, que achegou o marabilloso mundo dos fungos a todo o alumnado de Educación Primaria.

Ao longo da xornada, Miriam explicounos de maneira amena e divertida a importancia dos fungos na natureza, descubrindo que teñen un papel fundamental nos ecosistemas e que están moito máis presentes na nosa vida do que imaxinamos.

Pero non todo foi escoitar! 🔎🍄 O alumnado tamén tivo a oportunidade de poñer a proba os seus coñecementos a través dun memory de identificación de fungos, no que tiveron que observar, lembrar e asociar diferentes especies.

Foi unha xornada para aprender, xogar e descubrir, achegándonos ao fascinante mundo da micoloxía e aprendendo a valorar a riqueza natural que nos rodea.

💚 Moitas grazas a Miriam por compartir con nós os seus coñecementos e por facer desta xornada unha experiencia tan divertida e enriquecedora!

A biblioteca continúa abrindo as súas portas ao coñecemento, á curiosidade e á aprendizaxe. 📚🍄