Mostrando entradas con la etiqueta As historias da historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As historias da historia. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de marzo de 2018

8M - Día Internacional da Muller

En primeiro lugar, neste marco, debemos felicitarnos pola histórica xornada vivida! Para celebrar este día no centro e reivindicar igualdade de dereitos, liberdade e respecto para todas as mulleres levamos a cabo un acto-charla no que comentamos diversos aspectos e inauguramos a posta en marcha de dinámicas para visibilizar o papel da muller o 8 de marzo e o resto de días do ano.

Mulleres que foron increíblemente denostadas ao longo da historia. Como exemplo falamos de Mary Anning, nai da paleontoloxía, nacida en 1799. e que foi a primeira que descubriu un gran fósil de dinosauro e que postulou teorías sobre a extinción das especies. A pesar deses grandes descubrimentos non foi ata moitos anos despois que se lle recoñeceron a autoría dos mesmos, xa que naquela época as mulleres non podían ler nin escribir libros e moito menos publicar, impedindo a difusión das súas investigacións. 

Falamos tamén do feminismo, clarificando que non é a idea contraria ao machismo, senón a que busca a igualdade entre homes e mulleres a todos os niveis. 

E para que todos os termos relacionados poidan clarificarse, e moitas das mulleres denostadas ao longo da historia poidan ser en parte compensadas, inauguramos na nosa biblio unha nova sección!!
A SECCIÓN DAS "MULLERES VALEROSAS", que incluirá contos en prol da igualdade, libros de información sobre o tema e un montón de preciosos libros de biografías de un montón de mulleres valerosas olvidadas en moitos libros tradicionais.


Ademais, para que eses libros viaxen dun xeito especial ás casas, inauguramos tamén a posta en marcha da bolsa viaxeira das "mulleres valerosas".


Ademais, as nenas e nenos de 6º fixeron uns cartaces con frases feministas coas que reivindicamos a igualdade. Deixámosvos un vídeo para crear conciencia.


viernes, 27 de octubre de 2017

As espigas da historia

Como cada ano dentro das actividades realizadas para celebrar o Samaín os/as alumn@s do noso cole decoran as tradicionais espigas. Como este ano o Proxecto está adicado a historia, as espigas foron caracterizadas sobre distintos feitos históricos ou amañadas acorde a determinadas épocas históricas.
Estes foron algún dos resultados:





A exposición de espigas estará na entrada do cole durante todos estes días por se queredes visitala.

Que tod@s pasedes un bo Samaín!!!!

martes, 24 de octubre de 2017

24 de Outubro "Día da Biblioteca": Presentación do PDI "As historias da Historia"

O día 24 de Outubro todos os centros escolares celebramos o Día da Biblioteca. Para celebrar esta data tan especial decidimos facer a presentación do noso gran Proxecto. Como cada ano imos realizar un Proxecto no que todos/as  os membros do colexio participamos!
A encomenda chegou das mans do Mago Fuco que este ano nos propuxo investigar sobre a historia, así que o título do noso proxecto será "As Historias da Historia".  Todo o alumnado acudiu a presentación na Sala Castelao e atendeu as indicacións presentadas.


Cada curso investigará unha época histórica onde recollerá datos pertinentes para realizar as actividades  durante todo o curso e das que iremos dando conta. Para comezar a investigar cada curso recolleu o seguinte material: unha cápsula do tempo (onde se atopaba unha nota coa época histórica a investigar, unha carta do Mago Fuco coa encomenda e un pequeno libro de historia.
Aquí vos deixamos un video para que vexades as épocas históricas que imos a investigar plantexando un pequeno reto.... Todas as imaxes do vídeo pertencen a época histórica nomeada?



Pois con todo isto, a investigar que nos vamos!!!!

Até a próxima a tod@s!!

martes, 12 de septiembre de 2017

Obradoiros internivel "As historias da historia" para comezar o curso adecuadamente!

Como todos os anos, comezamos o curso dun xeito agradable e amigable cuns obradoiros internivel relacionados co proxecto. Este ano o proxecto recibe o nome de "As historias da historia" e como o seu propio nome indica, viaxaremos a través do tempo para coñecer aspectos das distintas épocas históricas. 

Polo de pronto comezamos o curso cuns obradoiros relacionados. Por un lado pintamos uns petroglifos no patio cuberto coma na Prehistoria e a Idade Antiga:


Representamos varios cadros moi importantes da historia da arte:


Bailamos danzas renacentistas:


E deseñamos o noso propio escudo ao máis puro estilo da Idade Media!


Fomos entrando en materia e divertímonos a tope no reencontros c@s nos@s compañeir@s despois do verán. Así da gusto comezar!!