sábado, 19 de febrero de 2022

As cores de Rosalía

Para celebrar o 23 de febreiro, o día dedicado a Rosalía de Castro, no centro levamos a cabo distintas iniciativas. A continuación presentamos cada unha delas: 

As cores de Rosalía:
Todo o alumnado pintou o rostro de Rosalía en cores neutros, cálidos e fríos. Con todas as achegas elaboráronse tres paneis. Aquí podedes ver o resultado: 








Retratandonos con Rosalía:
Na biblioteca montamos un pequeno  photocall, polo que pasaron os distintos grupos a sacarse fotos coa poeta.
Aquí podedes ver unha mostra do noso estudo fotográfico: 















































Programa de radio: "Os cantares de Rosalía"
Dedicamos un podcast á vida e obra de Rosalía de Castro, centrándonos especialmente naqueles poemas que tratan sobre a emigración e a dor de deixar a terra, por atoparse vinculados co noso proxecto anual "Emigrando con Fuco".
Para poder acceder ao audio só tedes que clicar. 




Grafitis poéticos:
Dedicamos un dos muros do patio cuberto do recreo de Educación Infantil, á figura de Rosalía. Proximamente ensinaremos a obra rematada.





viernes, 18 de febrero de 2022

Obradoiro de radio

Este  mércores o alumnado de primeiro ciclo recibiu formación en radio, por parte da asociación cultural e pedagóxica Ponte  Nas Ondas. Con eles descubriron a importancia da oralidade e a expresividade á hora de comunicar na radio. Tamén gozaron da montaxe dunha emisora de radio na súa propia aula e da creación dun programa de radio.

Pulsa na imaxe para escoitar o podcast.





















11 de febreiro - Ciencia en Feminino

Con motivo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, levamos a cabo no centro diversas actividades.

O alumnado de Educación Infantil realizou un pequeno debate, a partir do visionado do seguinte vídeo (fai  clic na imaxe).



O alumnado de 1° ciclo tratou o tema da ciencia en feminino, partindo da lectura de pequenos fragmentos e o visionado de curtos pedagóxicos.

O grupo de 2º ciclo preparou un programa especial de radio, no que fixeron  fincapé nalgunhas inventoras.

Fai  clic na imaxe para poder escoitar o podcast.



Os nenos e nenas de quinto realizaron unha serie de vídeos defendendo a figura da muller no ámbito científico. Aquí temos unha mostra:



























Os alumnos e alumnas de sexto investigaron sobre algunhas mulleres relevantes no mundo da ciencia. Un traballo que realizaron por grupos cooperativos e expuxeron na entrada do centro.



Esperamos que vos gustara.

domingo, 6 de febrero de 2022

A PALABRA É PAZ

Ola amigos/- as!

Espero que tiveses unhas boas vacacións de Nadal e que vos incorporarades con moitas ganas ao segundo trimestre, porque se  aveciña con moitas actividades.

Como nos meses anteriores, preparamos o noso cartel e o noso expositor cunha selección de libros que de seguro encantouvos.




Este foi o noso cartel especial para o mes de xaneiro, que levou por título: Iguais e diferentes. Eliximos   este título integrando o traballo realizado para o concurso da ONCE e o día Mundial da Paz e Non Violencia Escolar, partindo de que vendo só ao outro como un igual e aceptando as nosas diferenzas podemos vivir en paz.




Para traballar os valores  e favorecer a convivencia pacífica, propúxoselle   ao alumnado de primaria escribir un conto, que cumprise a condición de ter unha resolución pacífica da súa trama ou de ser unha reflexión sobre a paz. Os traballos foron expostos na biblioteca e na entrada ao centro, acompañados de tarxetas da Paz, ilustradas polo alumnado de infantil.
Esta é a nosa exposición






A continuación deixámosvos cunha pequena mostra literaria.