domingo, 27 de noviembre de 2022

ACTIVIDADES PARA O 25 DE NOVEMBRO


Entorno ao 25 de Novembro, Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, no CEIP Pepe de Xan Baña fixéronse diversas actividades, como unha sesión de contacontos no que se presentou un libro que reflicte sobre o machismo. Os resumos da historia que fixo o alumnado mostran que captaron moi ben a mensaxe. 




O Libro dos Porcos

Aquí atoparedes unha mostra da sesión de contacontos de CAXOTO que tivo lugar na biblioteca do centro para todos os niveis eduxativos.
Foi educativo e didáctico e os alumnos e alumnas captaron moi ben a mensaxe. 
















UN CEO ESTRELADO



O mes de novembro conmemórase a CIENCIA  EN GALEGO  nas Bibliotecas e tamén é bo momento para aproveitar e mirar o ceo estrelado as noites despexadas. 












martes, 15 de noviembre de 2022

DISFRUTANDO DA LECTURA

Dende cada aula trabállase o fomento de lectura, tanto coa hora de ler diaria como con diversos proxectos divertidos como o LECTÓMETRO. Parece que ten éxito! 






martes, 8 de noviembre de 2022

SAMAGOSTO NO PEPE DE XAN

 O pasado venres 28 de outubro celebramos no noso cole o Samaín e Magosto. Comezamos a mañá coa entrega de premios dos concursos de debuxos (infantil e 1º de Ed. Primaria) e relatos terroríficos (2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria), e tamén de manualidades. 

Os premiados foron:

DEBUXOS: 

4º/5º Ed. Infantil: DIEGO

6º Ed. Infantil: NEREA

1º Ed. Primaria: ENZO

RELATOS:

2º Ed. Primaria: MARTINA

3º/4º Ed. Primaria: LUNA

5º/6º Ed. Primaria: SHARAY

MANUALIDADES:

- ADRIÁN

- NAYRA

- ENZO E HUGO

- SAMUEL

- ANTÍA

Noraboa a todos os participantes!

Acto seguido, comemos castañas e tomamos chocolate. Tamén interpretamos unhas cancións e realizamos unha masterclass do xogo da chave.