Mostrando entradas con la etiqueta multialfabetización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta multialfabetización. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de marzo de 2018

Primeiras probas para a sintonía oficial de Radio Fuco!!!

As nenas de nenos de 6º están traballando coa profe Andrea en música para a creación da sintonía oficial de Radio Fuco. De momento estiveron experimentando coas primeiras probas, aínda que xa se escoitan cousas ben xeitosas! 💞


domingo, 11 de marzo de 2018

Preparando programas para a radio!!

O alumnado de 4º e 5º estiveron traballando esta semana en dous programas para a radio. Un sobre dinamización da lectura na que recolleran opinións sobre os distintos libros que están a ler as nenas e nenos do cole, e outro trátase dun coloquio científico! Nada máis e nada menos ;)

Estiveron traballando sobre o título deses programas e sobre o contido as entrevistas que podían facerlle a@s convidad@s ao programa. 




Despois baixaron á radio a facer as primeiras probas para comprobar si funciona todo o que estiveron preparando. 





Que nervios!! En breve os primeiros podcast na rede á vosa disposición ;)

miércoles, 7 de marzo de 2018

Probas marcapáginas Fuco 3D

Estamos facendo probas para elaborar un marcapáxinas do Mago Fuco en 3D. A filosofía maker basease na idea de levar á realidade as nosas ideas, probando, avaliando esas probas e mellorándoas ata acadar resultados satisfactorios. E nesas andamos cos nosos marcapáxinas. 

Para a idea estivemos buscando en Thingiverse e atopamos marcapáxinas con este sistema, que nos pareceu o máis fácil de implementar co noso Fuco 3D, e o máis seguro para que non caia dos libros. 


Como podedes observar tivemos problemas no primeiro intento. Despois da avaliar a situación chegamos á conclusión de que estaba mal nivelada a base. A segunda proba foi mellor, pero observamos que igual é fráxil de mais, así que decidimos darlle algo máis de tamaño e de grosor á pinza.


Con este novo axuste imprimimos esta tandada. Xa estamos encamiñados, pero como podedes observar, a algúns fáltalles unha man. Quedaron febles de máis... Así que tocan novos axustes ;)


O IMPORTANTE É NON DESISTIR, PORQUE CEDO OU TARDE CONSEGUIRÉMOLO!! E mirade que chulos van quedar despois nos libros que esteamos a ler 💙.

GuardarGuardar

lunes, 5 de marzo de 2018

Orientación espacial e iniciación á programación cos ESCORNABOTS

Orientación espacial e iniciación á programación cos ESCORNABOTS. As nenas e nenos de primeiro baixaron á biblioteca a xogar cos escornabots. Tremenda abstracción as segundas e terceiras curva. Na primeira aínda temos claro para onde temos que virar, pero a partir de aí non é nada fácil! 😱




E estamos tan ansios@s por participar, que a agarda polo noso próximo turno é todo un exercicio de contención 😅

miércoles, 28 de febrero de 2018

1ª Proba da nosa radio!!! CONTO: "A viaxe das bolboretas". Nenos e nenas de 1º Ed. Primaria

Aquí temos a primeira proba!!


Un audioconto de OQO, "A viaxe das bolboretas". Este conto foi gravado polas nenas e nenos de 1º de Ed. Primaria despois de moito ensaio!! Agardamos que o disfrutedes ;)

jueves, 22 de febrero de 2018

RADIO FUCO!! Xa temos nome e logo!!

Despois dun duro certame cunha ampla participación... por fin temos o nome da radio e o logo!!!


Chamarase RADIO FUCO, nome proposto por Noa de Infantil e Claudia de 6º.



O logo corre a cargo de Xabi tamén de infantil, que conseguiu aunar as ideas cole e radio nun divertido debuxo que ademais para o xurado representa a colaboración, a amizade e a alegría de traballar na radio!

Aquí o tedes ;)



Aquí podedes ver a@s creador@s destes elementos que quedarán para a posteridade!


O logo decidimos vectorizalo porque facilitará o seu uso para distintos formatos e tamaños, e ademais engadímoslle o nome, polo que finalmente queda así de chulo!!



Quedaron expostas todas as propostas no corredor da biblio.


Podedes pasarvos a velas, e moitas gracias a tod@s pola vosa participación 💙.

miércoles, 21 de febrero de 2018

Pezas dun novo ESCORNABOT impresas

Na segunda formación sobre a impresora 3D, a cargo da Asesoría de Bibliotecas Escolares, fomos obsequiad@s coas pezas electrónicas dun ESCORNABOT coa finalidade de imprimir nós as plásticas na nosa impresora para dar forma a un novo robot.

E así o fixemos!! Neste caso ademais foi o alumnado o que puxo a andar a impresora!!



Unha vez impresas pasamos todo o cole pola impresora e cun ESCORNABOT na man fomos intentando ubicar as distintas pezas. 





Agora xa temos todas as pezas impresas e ademais aproveitamos para facer rodas de reposto, que é a peza que máis problemas nos da nos escornabots e que máis temos que cambiar.



Xa so nos queda montar o novo ESCORNABOT!!



lunes, 15 de enero de 2018

1º charla de impresión 3D para 6º

Hoxe xuntámonos na aula de informática para impartir o primeiro obradoiro de impresión 3D aos nenos e nenas de 6º.


A idea é facer unha iniciación ao Tinkercad, para o que comezamos por explicar que debemos observar o que queiramos deseñar en forma de composición de formas xeométicas básicas. Para iso estivemos reflexionando sobre as formas xeométricas das que están feitos algúns obxectos cotiás. E non so iso, senón tamén, a que formas xeométricas corresponden os seus vacíos. Podedes probar a facer vós mesm@s esa reflexión ;)


Unha vez visto esto, levamos un deles ao Tinkercad, compoñendo e quitando as distintas formas xeométricas das que estivemos a falar.


Os equipos non son moi rápidos e invertimos máis tempo do esperado entrando no programa. A ver se para a próxima podemos aproveitar algo máis.

martes, 28 de noviembre de 2017

Recanto Maker en plena actividade

Parece que se nos queda pequena a mesa do recanto maker!! Hoxe déronse cita nela os bloques imantados Tegu, o LEGO, os LITTLE BITS e os ESCORNABOTS!

Día de experimentación total!

jueves, 23 de noviembre de 2017

Entramos no proxecto RADIO NA BIBLIO!!!!

Acabamos de recibir unha gran nova! O noso centro foi un dos 20 seleccionados para participar no proxecto piloto "RADIO NA BIBLIO", para a introdución da radio nas bibliotecas de centros públicos integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 



Non podemos estar máis content@s, xa que a entrada neste programa supón a achega ao centro dun recurso con grandes posibilidades que de seguro variará e mellorará moitas dinámicas no noso cole. Gracias ao programa recibiremos dotación para a creación dun estudio semiprofesional de radio e formación para a súa implementación. Un luxo que nos permitirá darlle sentido a moitas das aprendizaxes que levamos a cabo nas aulas. NORABOA A TOD@S! NOTICIÓN!!!

Así llo comunicamos ás familias:


Queremos agradecer moi profundamente a inmensa aposta polo educación de calidade no rural que están a facer dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Podedes consultar a resolución do programa na seguinte ligazón: texto da resolución

lunes, 9 de octubre de 2017

Xa comezamos a argallar no programa de impresión 3D!

Xa comezamos a argallar co TinkerCad. Trátase dun programa moi intuitivo no que se poden dixeñar obxectos a imprimir coa nosa impresora 3D a partir de volumes xa creados. Deixámosvos o enlace por si vos apetece fedellar, pero tedes que crear unha conta para poder facelo. É moi sinxelo!



Nós xa comezamos e deseñamos algunha que outra cousa. Entre outras este dado ;)


Seguiremos practicando!!


sábado, 7 de octubre de 2017

2ª Formación sobre impresión 3D!

No marco do "Proxecto Escornabots" de Bibliotecas Escolares de Galicia, o ano pasado a finais de curso recibimos unha impresora 3D!! E chegou o momento de recibir formación. O venres 6 de outubro estivemos en Santiago convocados por Bibliotecas Escolares para recibir a formación precisa.


Foi unha moi agradable sorpresa atoparnos o noso recanto Maker como exemplo para as bibliotecas que forman parte do proxecto na propia presentación de Bibliotecas Escolares de Galicia!! 💚


Despois estivéronnos falando do funcionamento da impresora, de programas de edición e de posibilidades de uso e aproveitamento no centro. Unha xornada do máis interesante.



Dende a EEI de Arteixo regaláronnos este colgante feito na súa impresora 😊


Pronto comezaremos a argallar na nosa!! Mans á obra!

martes, 27 de junio de 2017

1ª xornada de formación sobre Impresión 3D

No marco do "Proxecto Escornabots" de Bibliotecas Escolares de Galicia, acabamos de recibir unha impresora 3D!! E chegou o momento de recibir formación. O luns 26 de xuño estivemos en Santiago convocados por Bibliotecas Escolares para recibir a formación precisa.




Mirade! Coa impresora 3D podemos facer todas estas cousas e moitísimas máis!! É impresionante!



Recibimos formación sobre a propia impresora e sobre repositorios con arquivos imprimibles e sobre o CURA, un programa de preparación deses arquivos para impresión! 

miércoles, 31 de mayo de 2017

Recibimos unha impresora 3D!!

No marco do "Proxecto Escornabots" de Bibliotecas Escolares de Galicia, ACABAMOS DE RECIBIR UNHA IMPRESORA 3D!!!


Como non nos cabía a ansia no corpo tivemos que estreala xa e imprimimos esta divertida rá! É impresionante e hipnotizante vela traballar 💙





A que está xenial!! Seguiremos argallando!