viernes, 28 de abril de 2017

Contacontos na Sala Castelao. Os catro amigos

 Outro novo conto na Sala Castelao. Gracias polo voso esforzo campeonas e campeóns!! Gracias a el podemos disfrutar todos os venres de contos e máis contos!!


 

martes, 25 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO. Apadriñamentos lectores

Coma sempre, o 24 de abril DÍA DO LIBRO, inauguramos os apadriñamentos lectores que permanecerán estables ata final de curso. Un día á semana @s peques terán o privilexio de escoitar un conto d@s seus padriños e madriñas. Unha actividade que lles encanta a todos!


lunes, 24 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO. Contacontos de Migallas e visita ao concello

Para festexar o día do libro marchamos de contacontos a Santa Comba. Gracias á colaboración entre a biblio de Fuco e a biblioteca municipal puidemos disfrutar duns grandes do mundo contacontos, a compañía de teatro "Migallas" que nos agasallou cun montón de historias xeniais.
Despois fomos de visita ao concello, onde coñecemos as distintas dependencias. Visitamos á alcaldesa no seu despacho e vimos o salón de plenos e o rexistro, onde @s nen@s de 2º puideron entregar as súas reclamacións de mellora dos lugares onde viven.
Rematamos o día no museo "Terra de Xallas". Primeiro comemos nos seus xardíns e despois vimos a interesante exposición que contén.
Foi un día ben completiño e aquí ao lado do cole!


domingo, 16 de abril de 2017

Da horta ao comedor

A horta comeza a dar os seus froitos, e dende o comedor, nesa fructuosa colaboración que nos caracteriza, integran eses produtos nos menús diarios. Que ben alimentad@s estamos con eses produtos ecolóxicos e o bo facer das cociñeiras 😋😋😋

Leituga para as ensaladas...


e acelgas para as potaxes!!



Delicious!!

jueves, 6 de abril de 2017

Seguridade na rede

Hoxe viñeron a darlle unha charla aos maiores do cole sobre seguridade na rede. A rede danos unhas posibilidades fantásticas e podemos e debemos aproveitar, pero é necesario seguir unha pautas para facelo de xeito seguro e responsable. Para iso debemos:
- Protexer a nosa privacidade
- Protexer o noso ordenador
- Ser críticos coa información que consumimos. Non todo o que hai en internet é bo e fiable
- Ser respectuoso e responsable con outros usuarios e no uso da rede
- Dosificar o uso de internet

E, ante calquera dúbida!!!! --- FALAR C@S NOS@S NAIS E PAIS E C@S PROFES.
Estamos aí para axudarvos 😉



Obradoiro de ilustración con Abraham Carreiro

Veu Abraham ao noso cole e ensinounos a debuxar animais moi graciosos partindo de sinxelas forma. Foi abraiante comprobar o que podemos chegar a debuxar!


miércoles, 5 de abril de 2017

Exposición "DA ÁRBORE Á CADEIRA"

Este venres inagúrase na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, a exposición "Da árbore á cadeira" que visitaremos co cole no mes de Maio. Hoxe saíu o teaser da exposición. Mirade que cousa bonita ;)

domingo, 2 de abril de 2017

INAUGURACIÓN DA COCIÑA LABORATORIO!!!

Que gran nova!!! Acabamos de inaugurar no cole unha cociña-laboratorio. Un novo espazo para fedellar, neste caso entre receitas e experimentos. Un novo lugar que dará sentido a un montón de libros que temos na biblio cun montón de contidos agardando a ser postos en práctica. Seguro que nos dará moito xogo!!




Podedes ver este novo espazo con máis detalle nas seguintes fotos. A que está xenial!! 😍😍😍😍😍




sábado, 1 de abril de 2017

CARLOS CASARES. Letras galegas 2017. Liña do tempo da súa vida


Este ano 2017, o autor de "A galiña azul" ou "As laranxa máis laranxas de todas as laranxas", Carlos Casares, será o homenaxeado o 17 de maio, día das Letras Galegas. Para ir comezando a entrar en materia deixámosvos esta liña do tempo da súa vida que fixeron no CEIP Condesa de Fenosa .

PINCHA NO ENLACE PARA ACCEDER Á LIÑA DO TEMPO
https://cdn.knightlab.com/libs/timeline3/latest/embed/index.html?source=1mD9uCH-sYHDpNaiatPLW0FePRhLsxoGuH8FA1Akhqfc&font=Default&lang=gl&initial_zoom=2&height=650