miércoles, 29 de marzo de 2017

"Un agasallo diferente" na Sala Castelao

Un agasallo que pon a proba a nosa imaxinación pode ser o mellor dos agasallos, non? Comprobámolo con estes fantásticos contacontos e as súas directoras de posta en escea. Xeniais!



martes, 21 de marzo de 2017

DIA DA POESÍA. Obradoiro de poesía e hip-hop e concerto con Gael e Javide Som do Galpom

As nenas e nenos de sexto estiveron compoñendo con Gael unha letra sobre a nosa identidade, a do cole e a do lugar no que viven. Foi un proceso ben interesante que culminou cun concerto de Gael e Javi, integrantes do grupo Som do Galpom no que tiveron a oportunidade de estrear a súa canción.





DÍA DA POESÍA. "Ti e eu" Celso Emilio Ferreiro

As nenas e nenos de 2°, xunto coa profe Andrea, prepararon a fermosa versión do poema "Ti e eu de Celso Emilio Ferreiro, musicado por A Banda da Loba. Deixámosvos o vídeo para que poidades disfrutalo


TODOS SOMOS MAKER! Obradoiros maker internivel

Como todos somos maker e neste cole nos encanta mezclarnos @s peques c@s maiores, organizamos uns obradoiros maker internivel. Mezclados por idades, dende os 3 aos 12 anos, pasamos unha divertida e interesante xornada, na que ademais de aprender, ampliamos as nosas posiblidades de xogo no recanto maker.
Os obradoiros elexidos foron 6, 4 relacionados cos escornabots e a programación, onde puxemos a proba aspectos matemáticos e creatividade. Un de littleBits, onde animamos ao Mago Fuco, e outro no que fixemos un proxecto maker que puidemos elaborar con material do máis cotiá, unha man robótica. Porque para ser maker non fai falta gran cousa, so moita imaxinación e creatividade ;)

Deixámosvos un vídeo resumo da intensa xornada. Agardamos que vos guste!


viernes, 17 de marzo de 2017

O noso proxecto de centro "25 anos de Pepe de Xan Baña. O documental" nas Xornadas PLAMBE

Recibimos a invitación de Bibliotecas Escolares para presentar o noso proxecto do ano pasado nas xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) do que formamos parte. Foi unha gran experiencia na que gustou moito o noso traballo e na que recollemos novas ideas para poñer en marcha. Todo moi enriquecedor e motivador ;)




jueves, 16 de marzo de 2017

Obradoiro de BIOCONSTRUCCIÓN con Idoia Cuesta

Pois si, tivemos o luxazo de ter a Idoia Cuesta entre nós e foi unha auténtica marabilla. Fixemos un domo de bimbio vivo que nos dará moito xogo para diversas actividades. Que gran experiencia!









miércoles, 15 de marzo de 2017

Preparando o obradoiro de bioconstrucción

Mañá ven Idoia Cuesta, artesana cesteira Premio Nacional de Artesanía 2014, a ensinarnos como se fai unha bioconstrucción. Imos facer un domo no patio, que nos vai a servir para xogar, ler, imaxinar...
Hoxe estivemos experimentando como será o proceso e para iso fixemos unha maqueta. Despois contámoslle ao resto do cole como o fixemos, as dificultades que atopamos e como as resolvemos. Foi moi interesante.






jueves, 9 de marzo de 2017

Escornabots... littleBits... RECANTO MAKER EN MARCHA!

Xa está en marcha, o noso RECANTO MAKER, no que seremos creativos, resolveremos ploblemas, plantexaremos retos, aprenderemos dos erros... XA ESTÁ EN MARCHA!! Como nos gusta!

Aquí podedes ver algunhas das actividades que estamos levando a cabo no mesmo.








miércoles, 8 de marzo de 2017

8 de marzo. DIA DA MULLER

Día da MULLER son todos os días, pero o 8 de marzo conmemórase dun xeito máis especial. Nós fixémolo cun contacontos na sala Castelao e cunha proxección protesta para esixir respeto.