As nenas e nenos de sexto estiveron compoñendo con Gael unha letra sobre a nosa identidade, a do cole e a do lugar no que viven. Foi un proceso ben interesante que culminou cun concerto de Gael e Javi, integrantes do grupo Som do Galpom no que tiveron a oportunidade de estrear a súa canción.
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario