Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
Hoxe os nosos pequenos de 4 e 5 anos pasaron unha agradable mañá participando nun contacontos. O conto co que desfrutaron foi "Te quiero casi siempre", o cal escoitaron coas orellas moi abertas e moi caladiños para non perder nin un só instante.
Despois de ler o conto , fixeron un pequeno obradoiro onde cada un construiu e decorou a súa propia máscara. Aqui os tedes traballando duramente para obter o seu produto final.
O pasado venres 18 de maio reunímonos todos os membros do colexio para celebrar o día das Letras Galegas que este ano se adicou a María Victoria Moreno.
Ao longo de todo o trimestre nas distintas titorías fóronse traballando cuestións en relación a esta celebración e a poeta a que se lle adicou. Como este ano inauguramos a Radio Fuco creouse un programa especial onde todos os alumnos/as foron vertendo todas as súas achegas.
Todos reunidos na Sala Castelao escoitamos os distintos programas e conversamos da relevancia de facer este tipo de celebracións.
Aquí os tedes para que poidades disfrutar tanto deles coma nós.
Dende hai 21 anos o Concello de Outes organiza o Certame "Francisco Añón de Poesía" onde participantes a partir dos 6 anos ata a adultos poden participar enviado aquelas poesías de autoría persoal que se desexen. Dende o noso colexio, coma todos os anos, as distintas titorías participaron enviando os alumnos/as poemas creados por eles mesmos. Como son moitos os participantes de todo Galicia é moi dificil ser o gañador dalgún deste galardón, pero para nosa sorpresa o noso alumno de 1º de EP, Daniel García Barbeira foi un dos gañadores!!!!!
O pasado día 17 de maio (Día das Letras Galegas) celebrouse un fermoso acto pola tarde onde os premiados recibiron os seus agasallos e leron as súas creacións para todos os asistentes.
Deixamos aquí o poema de Dani que se titula "O meu avó Pepe" para que desfrutedes del.
O pasado mércores 16 de maio recibimos no cole a visita de Paco López Barxas que nos veu a falar das súas obras, en concreto de dúas centradas na cidade de Santiago de Compostela.
A través das súas obras Nemo e Sabela polos parques de Compostela e de Sar, Sarela e os monstros de Compostela; Paco fíxonos un divertido percorrido pola historia da cidade de Santiago facendo referencia a emblemáticos lugares e persoaxes así como a grandes obras que se poden ver na cidade.
Despois desta animosa charla e dun turno aberto de preguntas que resultou moi interesante, os alumnos de 4º e 5º prepararon unha entrevista para a Radio Fuco onde profundizaron un pouco na vida de Paco para coñecelo un pouco máis.
Dende aquí queremos dar as grazas a Paco por vir e convidámolo a facernos unha nova vista cando el queira!
Ola a tod@s!
Hoxe tivemos unha gran visita no noso cole. O autor Paco Nogueiras trouxónos a escola varias dos seus contos acompañado das súas persoaxes e dos seus instrumentos musicais.
Grisela, Animais de compañía, A horta de Simón e outros contos foron cantados e interepratados por Paco para desfrute de todos os presentes.
Foi unha gran mañá cargada de risas e emocións cos contos de Paco!
Dende aquí dámoslle as grazas a Paco por vir a vistarnos!!
En primeiro lugar, neste marco, debemos felicitarnos pola histórica xornada vivida! Para celebrar este día no centro e reivindicar igualdade de dereitos, liberdade e respecto para todas as mulleres levamos a cabo un acto-charla no que comentamos diversos aspectos e inauguramos a posta en marcha de dinámicas para visibilizar o papel da muller o 8 de marzo e o resto de días do ano.
Mulleres que foron increíblemente denostadas ao longo da historia. Como exemplo falamos de Mary Anning, nai da paleontoloxía, nacida en 1799. e que foi a primeira que descubriu un gran fósil de dinosauro e que postulou teorías sobre a extinción das especies. A pesar deses grandes descubrimentos non foi ata moitos anos despois que se lle recoñeceron a autoría dos mesmos, xa que naquela época as mulleres non podían ler nin escribir libros e moito menos publicar, impedindo a difusión das súas investigacións.
Falamos tamén do feminismo, clarificando que non é a idea contraria ao machismo, senón a que busca a igualdade entre homes e mulleres a todos os niveis.
E para que todos os termos relacionados poidan clarificarse, e moitas das mulleres denostadas ao longo da historia poidan ser en parte compensadas, inauguramos na nosa biblio unha nova sección!!
A SECCIÓN DAS "MULLERES VALEROSAS", que incluirá contos en prol da igualdade, libros de información sobre o tema e un montón de preciosos libros de biografías de un montón de mulleres valerosas olvidadas en moitos libros tradicionais.
Ademais, para que eses libros viaxen dun xeito especial ás casas, inauguramos tamén a posta en marcha da bolsa viaxeira das "mulleres valerosas".
Ademais, as nenas e nenos de 6º fixeron uns cartaces con frases feministas coas que reivindicamos a igualdade. Deixámosvos un vídeo para crear conciencia.
O sábado de 25 de novembro celebrase como todos os anos o día da loita contra a violencia de xénero. Dada a gran relevancia social do tema dende o noso colexio decidimos coñecer algo máis sobre o tema e identificar algunhas das causas e solucións a este gran problema que estamos a sufrir. Para elo os nosos alumnos e alumnas realizaron un pequeno vídeo sobre o tema que leva o título: "Queremos espazos libres de violencia"
Esperemos que vos gustase o vídeo e recordade... Ante calquera tipo de maltrato NON É NON!!
O pasado venres 17 de novembro varias alumnas dos cursos de 3º, 4º e 5º organizaron unha sesión de contacontos moi divertida onde deleitaron ao público da interpretación do conto "Bebé Bigotes" cunha gran dose de sentido do humor.
Despois dos momentos de ensaio e dos nervios previos presentaron a todos/as os asistentes os distintos personaxes do libro contádolles o que lles sucedera facendo as intrepretacións precisas en cada caso.
E colorin colorado este contacontos está rematado.
Este curso comezamos unha nova actividade na que vos convidamos a participar todo o alumnado é as súas familias.
O ano pasado creamos un Recanto Maker, recanto que convida á creatividade a través das ciencias, e no marco deste recanto xorde a idea dos RETOS STEAM (Science – Ciencia, Technology – Tecnoloxía, Engineering – Inxeñería, Art – Arte e Maths – Matemáticas).
Cada mes propoñeremos un reto aos nenos e nenas, ao que poderedes intentar dar solución en familia dun xeito orixinal e creativo. Ao final do mes os nenos e nenas presentaran todas as posibles solucións, para o que faremos unha xuntanza o último xoves de cada mes na hora de ler.
Estivemos presentado toda a información sobre os mesmos ao alumnado e propoñendolle o primeiro reto.
O primeiro reto titúlase: CREAMOS UN CIRCUÍTO POLO QUE UNHA PELOTA DE PING-PONG PERCORRA 1 METRO DE DISTANCIA XUSTO?
Podemos empregar todo tipo de materiais, especialmente refugallo, de xeito que non compredes nada para a resolución do reto. Ao final do mes publicaremos o
P.D. Se alguén se anima pode pode compliar co reto con algunha destas variantes (ou cas dúas): que a pelota siga unha traxectoria ascendente nalgún momento ou que apelota discurra por 3 superficies diferentes. GuardarGuardar
Como cada ano dentro das actividades realizadas para celebrar o Samaín os/as alumn@s do noso cole decoran as tradicionais espigas. Como este ano o Proxecto está adicado a historia, as espigas foron caracterizadas sobre distintos feitos históricos ou amañadas acorde a determinadas épocas históricas.
Estes foron algún dos resultados:
A exposición de espigas estará na entrada do cole durante todos estes días por se queredes visitala.
O venres 13 de outubro os alumnos e as alumnas de cuarto organizaron a sesión de contacontos para deleitar aos seus compañeiros doutros cursos coa lectura e interpretación do conto "Sopa de nada".
Os actores unha vez preparados e cos ensaios previos necesarios realizaron a función repartindo os papeis, polo que uns lían co conto e outros facían as interpretacións necesarias:
O público estaba moi contento e participou activamente con grandes aplausos polo gran interpretación que fixeron os seus compañeiros/as.
Así que quedamos a espera de que este grandes interpretes volvan de novo a deleitarnos coa súa arte.
Xa comezamos a argallar co TinkerCad. Trátase dun programa moi intuitivo no que se poden dixeñar obxectos a imprimir coa nosa impresora 3D a partir de volumes xa creados. Deixámosvos o enlace por si vos apetece fedellar, pero tedes que crear unha conta para poder facelo. É moi sinxelo!
Hoxe para comezar o novo curso fixemos unha celebración especial para inaugurar a biblioteca nesta nova etapa.
Para elo realizamos dúas actividades onde estivo participando todo o alumnado do cole, dende os máis pequenos de infatil ata os maiores de sexto. Estas foron as actividades:
1) Sesión de Contacontos: As alumnas de sexto realizaron unha sesión de contacontos, facendo os ensaios previos necesarios, para contarlle ao público un conto moi divertido que gustou moito.
2) Obradoiro de Marcapáxinas: Todos os participantes na actividade levaron un pequeno agasallo para as súas casas. Así organizouse un obradoiro onde o alumnado realizou o seu marcapáxinas persoalizado para poder poñer nos libros que se collan na biblio para ler.
Con isto quedou inaugurado o uso da Biblio para este curso a espera de que o Mago Fuco nos envíe novas encomendas a realizar.
Como todos os anos, comezamos o curso dun xeito agradable e amigable cuns obradoiros internivel relacionados co proxecto. Este ano o proxecto recibe o nome de "As historias da historia" e como o seu propio nome indica, viaxaremos a través do tempo para coñecer aspectos das distintas épocas históricas.
Polo de pronto comezamos o curso cuns obradoiros relacionados. Por un lado pintamos uns petroglifos no patio cuberto coma na Prehistoria e a Idade Antiga:
Representamos varios cadros moi importantes da historia da arte:
Bailamos danzas renacentistas:
E deseñamos o noso propio escudo ao máis puro estilo da Idade Media!
Fomos entrando en materia e divertímonos a tope no reencontros c@s nos@s compañeir@s despois do verán. Así da gusto comezar!!