viernes, 9 de marzo de 2018

8M - Día Internacional da Muller

En primeiro lugar, neste marco, debemos felicitarnos pola histórica xornada vivida! Para celebrar este día no centro e reivindicar igualdade de dereitos, liberdade e respecto para todas as mulleres levamos a cabo un acto-charla no que comentamos diversos aspectos e inauguramos a posta en marcha de dinámicas para visibilizar o papel da muller o 8 de marzo e o resto de días do ano.

Mulleres que foron increíblemente denostadas ao longo da historia. Como exemplo falamos de Mary Anning, nai da paleontoloxía, nacida en 1799. e que foi a primeira que descubriu un gran fósil de dinosauro e que postulou teorías sobre a extinción das especies. A pesar deses grandes descubrimentos non foi ata moitos anos despois que se lle recoñeceron a autoría dos mesmos, xa que naquela época as mulleres non podían ler nin escribir libros e moito menos publicar, impedindo a difusión das súas investigacións. 

Falamos tamén do feminismo, clarificando que non é a idea contraria ao machismo, senón a que busca a igualdade entre homes e mulleres a todos os niveis. 

E para que todos os termos relacionados poidan clarificarse, e moitas das mulleres denostadas ao longo da historia poidan ser en parte compensadas, inauguramos na nosa biblio unha nova sección!!
A SECCIÓN DAS "MULLERES VALEROSAS", que incluirá contos en prol da igualdade, libros de información sobre o tema e un montón de preciosos libros de biografías de un montón de mulleres valerosas olvidadas en moitos libros tradicionais.


Ademais, para que eses libros viaxen dun xeito especial ás casas, inauguramos tamén a posta en marcha da bolsa viaxeira das "mulleres valerosas".


Ademais, as nenas e nenos de 6º fixeron uns cartaces con frases feministas coas que reivindicamos a igualdade. Deixámosvos un vídeo para crear conciencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario