lunes, 17 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas

 

Xela Arias, Día das Letras Galegas 2021

A Academia destaca a obra «singular, sincera e comprometida» da poeta e tamén tradutora. 


«Abrazo a desorde das ideas, e sei que a unidade se compón.  A unidade componse. Da desorde». 

Os versos que escribiu Xela Arias (Sarria 1962-Vigo, 2003) no seu derradeiro libro publicado en vida, Intempériome, son exemplo desa poesía «singular, sincera e comprometida» segundo o pleno da Real Academia Galega, que acordou homenaxear a súa figura co Día das Letras Galegas este 17 de maio de 2021. 
Durante esta semana, o alumnado do Pepe de Xan Baña, estivo a traballar diversas actividades relacionadas con este día tan importante e representativo para A Nosa Terriña. O Mago Fuco non perdeu a oportunidade de querer mostralo a través das seguintes imaxes así como facendo recomendacións lectoras en galego que poderán atopar na biblioteca. 







Pinchando na seguinte ligazón, poderedes desfrutar dun recital de poemas por parte dos máis pequechos do cole: 
https://go.ivoox.com/rf/70275369 










jueves, 29 de abril de 2021

Obradoiro de radio

Durante a xornada do mércores, o alumnado de 3º e 4º, tiveron a oportunidade de desfrutar dun obradoiro de radio a cargo de Sole Felloza. Durante o mesmo descubriron novos trucos para realizar un programa ou unha historia, así como de diferentes contacontos en galego e castelán. 

Pasárono en grande! 



















https://drive.google.com/file/d/1rirm7RkbtXSQOQVkTgmLaux6m2rAaAuS/view?usp=sharing 







Recomendacións lectoras


 Moi bo día familias!   

                                       

Tras deixar atrás a semana do libro, o Mago Fuco tivo a gran sorte de poder desfrutar dunha serie de recomendacións lectoras por parte do alumnado de 6º. Gustáronlle tanto, que decatouse de que o tiña que compartir con todos vos, xa que entre elas podería estar o voso novo libro favorito... Nunca se sabe!

Se queres descubrilo só terás que desfrutar e escoitar atentamente aos nosos rapaces e rapazas do Pepe Xan de Baña.

Preparados...listos...XA!






















https://drive.google.com/file/d/1WHiIB0aStpdW_FF_Bmg3pxq9_6AIWsxz/view?usp=sharing


jueves, 22 de abril de 2021

Semana do libro

Con motivo de seguir celebrando a semana do libro, durante esta semana, en todas as aulas se estivo visionando diferentes contos elaborados polo alumnado en colaboración coas familias. 


O mago Fuco, dende a biblioteca presenta a continuación o conxunto destas historias que se desfrutaron ao longo de toda a semana. Estade pendentes, xa que se irán subindo máis ao longo destes días. 

Feliz semana do libro, e feliz visionado!




Contos educación Infantil:



















Contos de 1º e 2º de Educación Primaria: 










Contos de 3º e 4º de Educación Primaria:



  

                            

Na seguinte ligazón poderedes visionar aqueles contos que debido ao tamaño non se pode acceder a eles de forma directa: 

https://drive.google.com/file/d/1JgzUDolDg2JjT37ceXAeafDkXTYNmjaC/view?usp=sharing 

https://drive.google.com/file/d/1CYCJ6IBoCLtdmvgyCQLVW8klYfW72YBs/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1QZ9E3-KT2ZeTi5iJfp9cI-zDL59CUFqQ/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/16ZoFs2rxMXPPw0b26-sLotmhPlEoVJIy/view?usp=sharing  (PARTE 1)

https://drive.google.com/file/d/1eyOUT6Hdw9ekpOCAW_O6kdRUMQkq8JiK/view?usp=sharing  (PARTE 2)









lunes, 19 de abril de 2021

Día internacional do libro

Ao longo desta semana, é para conmemorar o 23 de abril, o Mago Fuco decidiu traer  algunhas novidades que estarán a disposición do alumnado ao longo dos próximos días. O noso querido Mago esta deseoso de ver novos lectores entretidos e despertando o gusto e interese a través da lectura. 

Deixounos unhas imaxes para ir vendo o que nos espera!




                                 


                                  Feliz semana do libro a todos!






viernes, 26 de marzo de 2021




Esta semana os alumnos de 5 anos estivemos con Lola Tourón facendo estructuras con polas de salgueiro. Pasámolo xenial!









martes, 9 de marzo de 2021

Día Internacional da Muller

 Ao longo destes días foron distintas actividades as que se realizaron para conmemorar o día 8 de marzo.

Traballouse o papel da muller na familia, así como tamén se analizaron distintas noticias que falan de homes e mulleres, tendo en conta que esta semana é a "Semana da prensa". 

Ademais tamén traballamos as mulleres máis importantes das nosas vidas, polo que ademais de traer fotografías delas, para compoñer un mural, tamén se fixo un retrato da que é máis importante para nos.




viernes, 26 de febrero de 2021

Día de Rosalía e Día da Radio

 Cantarte hei, Galicia,

teus dulces cantares,

que así mo pediron

na veira do mare.


 Cantarte hei, Galicia,

na lengua gallega,

consolo dos males,

alivio das penas. 

("Cantares gallegos") 


María Rosalía Rita de Castro foi unha poetisa e novelista que escribiu tanto en galego como en castelán. Está considerada como unha das grandes poetas da literatura española do século XIX. Representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.

Neceu un 24 de febreiro, polo que esta data está marcada no calendario como o seu día. Para conmemorar dita data dende o centro, propuxéronse distintas actividades. Como un concurso de debuxo e poesía para o alumnado de Educación Primaria, e un concurso de debuxo para o alumnado de Infantil. 




Fixeron unha paisaxe mariña dentro dunha fiestra, simbolizando "Abride a fiestra que quero ver o mar", unha das últimas vontades dela.

Os agasallos foron: un diploma, chapas, e un chaveiro deseñado coa impresora 3D


NORABOA AOS GAÑADORES!


Ademais tamén plantamos uns pensamentos, planta que lle gustaba moito a Rosalía.


Como broche final, o alumnado de 5º e 6º de Infantil, así como de 1º e 2º de Primaria, recitaron uns poemas na radio.



Podedes escoitalos nos seguintes enlaces:

"Airiños, airiños aires" (5º E 6º DE INFANTIL) https://go.ivoox.com/rf/66285033

"Campanas de Bastabales" (1º E 2º DE PRIMARIA) https://go.ivoox.com/rf/66284909



Apertas!


viernes, 12 de febrero de 2021

Entroido 2021!



 Neste ano tan atípico, traballamos o Entroido dende o centro seguindo os mandatos do "Meco" dende cada aula.

- "O LUNS, QUE O ENTROIDO COMEZA, TRAERÁS ALGO NA CABEZA"

- "O MECO, PARA O MARTES, QUÉRENOS ELEGANTES"

- "QUE EMOCIÓN! MÉRCORES DUNHA PROFESIÓN!"

- "MAÑÁ XOVES, O CAMIÑO IMOS ANDAR... 

OS DE INFANTIL, FRECHAS AMARELAS SERÁN, 

SINALARÁN OS DE PRIMEIRO E SEGUNDO

QUE DE CUNCHAS DE VIEIRA VIRÁN.

DESCANSOS FAREMOS EN CADA MOLLÓN

DE TERCEIRO E CUARTO, QUE EMOCIÓN!

E FACENDO CAMIÑO

CON CUNHA E "BASTÓN"

QUINTO E SEXTO PEREGRINOS 

TODAS E TODOS SON."

-"MAÑÁN IDES PREPARAR COUSAS MOI EXTRAVAGANTES. IDESVOS A DISFRAZAR COMO VOS PREFIRADES!"

Podedes ver no seguintes vídeo as distintas actuacións que se realizaron en cada un dos cursos:




Que pasedes un bo Entroido!

jueves, 28 de enero de 2021

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Como cada 30 de xaneiro, chega unha data con gran potencialidade educativa: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha ocasión na que nos comprometemos como defensores da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. Conformando o espazo da biblioteca como un auténtico viveiro de cidadanía, un lugar facilitador do diálogo, o debate, a reflexión, a lectura crítica e o acceso á información, no que se promova unha participación activa cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Para iso, levamos a cabo distintas actividades que destacamos posteriormente. 

O alumnado de infantil realizou o mural de "Gotas de Paz"

A nivel centro, e coa colaboración das familias, tendo en conta o PDI relacionado co "Camiño", fixemos as nosas pegadas que levan así cara un "Camiño de Paz".



Ademais, o Mago Fuco fixo unha selección de libros relacionados coa temática da Paz para traballar os valores e a convivencia, así como distintos personaxes representativos. 



Feliz Día da Paz!