jueves, 28 de noviembre de 2019

No Pepe de Xan Baña, tamén somos científicos!

O pasado martes, en conmemoración de Novembro como o mes da ciencia, todo o alumnado da escola se xuntou na biblioteca para ver todos xuntos os vídeos resultantes dos experimentos propostos en cada un dos cursos. O resultado non puido ser mellor: todos emocionados e fascinados pola variedade de experimentos levados a cabo.
Ademais, este día coa posta en común dos vídeos gravados, foi adicado á científica asturiana Margarita Salas.

No seguinte enlace, poderedes acceder ós vídeos que están colgados na páxina web do cole:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippepedexan/?q=node/118#attachments





Os Bolechas van a Santa Comba!

No día de hoxe, o alumnado de Infantil da nosa escola tivo a sorte de recibir en primicia un libro adicado ó noso concello, Santa Comba.
Esta visita foi apadriñada por Cristina Fagín, Concelleira de Cultura, e José Antonio Ucha, Tenente-Alcalde. Ademáis de facer unha breve lectura do novo conto, e con motivo da celebración do 25N, fixeron entrega dunhas pulseras da campaña "En negro contra a violencia de xénero".






lunes, 18 de noviembre de 2019

Novembro: Mes da Ciencia en Galego.

Con motivo de que o mes de novembro é o Mes da Ciencia, o pasado luns na biblioteca propúxoselle a todo o alumnado do centro o reto de levar a cabo unha serie de experimentos, un dende cada titoría.

Estes experimentos serán gravados en vídeo e compartirémolo cos compañeiros e compañeiras do CRA Novo Mencer.

Ademais, na entrada da bibioteca, pódense atopar unha variada colección de exemplares de temática científica para consultar durante os recreos. Lembrade que non se poden emprestar!

jueves, 24 de octubre de 2019

Canta miña pedra canta

No día de hoxe, o alumnado de 1º, 2º, 3º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba para a representación de Canta miña pedra canta. Homenaxe a Antonio Fraguas da man de Xoán Curiel e Charo Pita.

Nesta ocasión, o alumnado desfrutou, con motivo do Día da Biblioteca, da música e literatura exposta dunha maneira lúdica e próxima para o seu completo entendemento. Ademais, foron obsequiados co libro O fillo do rei e outros contos populares de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey.







martes, 15 de octubre de 2019

Breve Historia Divertida do Feminismo Galego

O pasado día 11 de outubro, o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria visitaron a Biblioteca Municipal de Santa Comba. Alí foron desfrutaron dun repaso sobre a historia do Feminismo Galego da man de Antía Yañez.

Dun xeito ameno e entretido, Antía transmitíu valores básicos como a igualdade que persegue este movemento, ó mesmo tempo que aclarou certos prexuízos que se poden ter sobre a palabra feminismo.

sábado, 14 de septiembre de 2019

Benvid@s oa curso escolar 2019/2020

Comeza un novo curso: o 2019/2020
Esperamos ter un ano cheo de ilusión, alegría e moitísimo aprendizaxe.
A entrada ao cole foi do máis relaxada (co obradoiro de relaxación) e animada. Houbo actividades deportivas e unha  gran sorpresa que gustou moito: os cativos deixaron voar os papaventos que foron adquiridos para a ocasión.
Fixeron tamén de detectives da natureza explorando o marabilloso patio que temos. Seguiremos explorando, hai moito que descubrir! 

jueves, 12 de septiembre de 2019

Para celebrar a benvida ao novo curso levamos a cabo unha serie de talleres nos que tanto maiores coma pequenos o pasamos en grande. Entre os diferentes talleres fixemos: taller de natureza, no que investigamos e clasificamos algunhas das diferentes especies de árbores e de plantas que hai no colexio. respecto a este taller dicir que non rematou aquí, posto que este curso o patio e a contora do cole será o eixe vertebrador dos nosos proxectos. Levamos tamén a cabo un taller de cometas, e a pesar de estar un día tranquilo e con pouco vento fomos capaces de voalas. Outras das actividades que levamos a cabo foi o taller de xogos deportivos, no que demostramos que seguimos en plena forma. Por último, fixemos un taller de relaxación, o cal veu moi ben despois de tanta e variada actividade.

 

viernes, 17 de mayo de 2019

Vídeo de Malaxente

Co gallo da celebración do Día das letras Galegas o noso alumnado realizou un vídeo con coreografía  onde se cantaba a canción de MJ Pérez titulada "Malaxente".
Aquí o deixamos a espera que vos guste moito!


LETRAS GALEGAS 2019

O Día das Letras Galegas é unha data moi importante porque recordamos o valor da nosa lingua e todo o que outros loitaron para que esta tivera o poder que se lle recoñece.
Para festexar este día no cole organizamos unha xornada moi especial con distintas actividades.

A primeira foi inagurar a Rúa das Letras, un novo espazo na nosa escola onde as palabras, as lecturas compartidas e os soños lectores teño o seu lugar.


Este ano o Día das Letras adicouse a Antón Fraguas, polo que o alumnado de 6º presentou unha pequena biografía del centrándose na súa vida e obra.


E para rematar todos xuntos visionamos un video con coreografía no que participou todo o alumnado onde se cantaba a canción de MJ Pérez titulada "Malaxente". 


martes, 7 de mayo de 2019

Contacontos sobre Maruxa Mallo

Hoxe tivemos no cole unha actividade moi especial, relacionada co coñecemento da vida e obra de Maruxa Mallo.
Acudiu unha parella de contadores de contos a falarnos de toda a interesante desta muller ensinándonos tamén técnicas de debuxo inspiradas nesta autora.




viernes, 3 de mayo de 2019

Gravación do Videoclip "Ti e Eu"

Ola a tod@s!
Hoxe vivimos unha xornada moi especial e coa que desfrutamos moitisimo. Pola mañá todo o cole puxo rumbo a Carballeira de Conxo en Santiago para participar no programa de festas populares deste barrio.
Neste caso acudimos a gravar un videoclip moi especial da canción "Ti e eu" da Banda Loba, a canción que empregamos para o noso Lipdub do Día da Paz.





A emoción e a alegría eran dous sentimentos que estiveron presentes en todo momento, tal e como se pode comprobar nas nosas caras!
Agredecer  A Banda da Loba e as súas integrantes así como o Concello de Santiago por permitirnos participar nesta iniciativa.

jueves, 2 de mayo de 2019

OBRADOIROS CON CHARO PITA

Este ano seguimos creando e mellorando os nosos programas de radio e para elo temos que continuar aprendendo máis cousas. Desta volta estivo durante dúas mañás no noso cole, Charo Pita que é unha experta en técnicas de radio e da cal aprendemos moitas cousas para darlle uso cando fagamos novos programas.
Unhas das moitas cousas que nos ensinou Charo foi o importante que é preparar e coidar a voz para falar na radio, porque fixemos exercicios de coidado e mantento da voz para vocalizar ben.


Dende aquí queremos darlle as grazás a Charo por vir o cole e axudarnos tanto!

lunes, 29 de abril de 2019

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Unha das actividades que se puxeron en marcha coa celebración do Día do libro foros os Apadriñamentos Lectores, onde os cursos maioeres se convertirían en madriñas e padriños dos máis pequen@s para compartir a hora de ler dos luns.
Os padriños e madriñas tomaron conciencia da súa gran labor e estiveronse preparando para o gran día facendo consultas na biblioteca para poder escoller as mellores lecturas para ser ofrecidas os seus afillad@s.
E por chegou o gran día! Aproveitando que o sol saíu neste fermoso día de primavera padriñ@s e afillad@s buscaron un espazo por todo o patio para ler e descubrir a maxia dos libros.






Foi todo un éxito e todo o alumnado está esperando que chegue o vindeiro luns para repetir a experiencia.

Saúdos!!!!

miércoles, 24 de abril de 2019

Os Fuco Booktubers

O dí do libro comezmos tamén esta nova actividade dos Videos Fuco BookTubers.  Así despois da lectura dun libro cada alumno/a pode facer un comentario ou valoración  argumentando o que máis lle gustou e porqué recomendaría a súa lectura.
Cada persoa pode gravarse e editar o seu vídeo atendendo aos seus gustos para así presentalos tal como un Youtuber.
Aqui vos deixamos os primeiros videos dos nosos artistas:


Podedes ver todos os vídeos dos nosos Fuco BookTubers no seguinte enlace: https://www.youtube.com/playlist?list=PLd_ylOoBKBrZMOzBmbICGhK3tsRDrgUBS

martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro

Hoxe é un día moi sinalado no calendario por ser o día das verbas, da información, das imaxes, dos soños e de todas as couas fermosas que aparecen nos libros.
A nosa biblio é un espazo onde coa maxia dos libros se desenvolve outras estupendas onde eles son o eixo que nos ensinan a continuar a adquirir novos coñecemento e por tanto novas experiencias.
Para conmemorar tal data presentamos moitas actividades novas que dende hoxe formarán parte do noso día a día e que vos pasamos a contar:

- Apadriñementos lectores: Decidimos crear parellas de padriños e madriñas con afillad@s internivel onde o alumnado máis grande achegue a o máis pequeno a lectura (teredes máis información desta actividade en sucesivas entradas).



- Os videos do FUCO BOOKTUBERS: Despois da lectura dun libro cada alumno/a pode facer un comentario ou valoración do libro argumentando o que máis lle gustou e porqué recomendaría a súa lectura (teredes máis información desta actividade en sucesivas entradas).



- Recitais literarios: Esta é unha inciativa onde todo aquel alumnado que o desexe pode ler un libro en voz alta o público presente da biblio, para facelos pasar un momento moi agardeble escoitando preciosas historias.





Sen máis, agardamos que pasedes un Feliz Día do Libro!

jueves, 21 de marzo de 2019

21 de Marzo: Día da poesía

Chegou o gran día, aquel que levamos preparando durante moito tempo! Hoxe é o Día da Poesía, un día onde as letras e as sensacións se misturan para florecer en perfectas emocións.
Así, como xa vos fomos adiantando no noso cole fixemos unha simbióse entre a poesía, a radio e os vídeos e creamos uns videopoemas!
Aqui tedes un deles:



No seguinte enlace podedes ver todos os videopoemas feitos por todos os grupos do cole: https://www.youtube.com/playlist?list=PLd_ylOoBKBrbjL3GQHZwXRPlDa05uSsY6

viernes, 15 de marzo de 2019

A Videopoesía (Capítulo III): Comezamos as gravacións!

Pois ben, despois de aprender a realizar un videopoema con Celia Parra comezamos as gravacións, experimentando o dificil que é gravar todo ben.
A escolla dos escenarios, das persoaxes, das representacións, os planos, os enfoques,.... son moitas cousas as que hai que controlar pero con moitas probas todo foi indo.
Aqui vos deixamos unhas imaxes de como foi todo este proceso.






En nada xa vos ensinamos o resultado final! Que emoción!!!!!!

martes, 12 de marzo de 2019

A Videopoesía (Capítulo II): Visita de Celia Parra

Seguimos inmersos na creación dos nosos videopoemas. Unha vez sonorizados os poemas escollidas tema o tempo de escenificar os poemas e facer as gravacións.
Para aprender a facer isto, contamos cuna xuda moi expecial. Veu ao noso cole a formarnos a poeta Celia Parra!!! Celia é todo una experta nestes temas e fixenos un taller moi chulo para ensinarnos a como facer videopoesía.




Moitisimas gracias Celia pola túa axuda!

jueves, 7 de marzo de 2019

A videopoesía (Capítulo I)

Proximamente imos a celebrar no colexio o Día da Poesía (21 de marzo) e para iso decidimos facer algo novidoso como é elaborar as nosas propias videopoesías. Os videopoemas son poemas unidos a textos ou creacións dos mesmos e neste caso imos empregar textos de diferentes autoras galegas. Lingua e literatura, son e silencio, música e imaxe, percepción e expresión... xúntanse non videopoemas creando unha viaxe intergaláctica do papel á tecnoloxía, da aula de música á radio escolar e da radio ao plató de gravación.
O primeiro paso para facer isto é escoller un poema, polo que despois dunha profunda revisión os distintos grupos-aula fixeron estas escollas poéticas:
 1º-2º E. Primaria: Rosalía de Castro: “Tal como as nubes”, Follas Novas, 1880.
3º E. Primaria: Celia Parra: poema extraído do poemario No berce das mareas, 2009.
4º E. Primaria: Rosalía Fernández Rial: poema extraído do poemario Un mar de sensacións, 2012.
5º-6º E. Primaria: Carlos Negro: “Princesa (contra) Disney” e “Barbie Girl” de Penúltimas tendencias, 2014.

Despois pasou o turno de facer as gravacións dos audios, polo que acudimos a “Radio Fuco” da nosa biblio para facer as sonorizacións. Cada alumno/a encárgase de levar o material que precisa (texto, instrumentos, obxectos sonoros...) e responsabilízase de intervir no momento adecuado, segundo ensaiamos na sesión anterior.
Cada sonorización grávase varias veces, facendo tomas en directo nas que aparecen todos os elementos (recitado, efectos sonoros e acompañamento instrumental) de xeito que ao final escollemos a toma que máis nos gusta, sen que sexa preciso editar o audio.


sábado, 2 de marzo de 2019

Festival de entroido "Un mundo con M de Muller"

Facemos un percorrido sobre o papel da muller en distintos eidos. Un festival que adicamos ás nosas nais, avoas e veciñas con todo o cariño dende o cole.
Podedes velo completo aquí.


Agardamos que o disfrutedes moito!!

lunes, 25 de febrero de 2019

Inauguramos a "Rúa da Ciencia"

O día 11 de febreiro "Día da Muller e da Nena na Ciencia" cada clase recibiu a encomenda de investigar sobre unha científica relevante.
Así que a partir de hoxe estas científicas viven simbólicamente na nosa nova rúa do cole a "Rúa da Ciencia".



Pola mañá cada clase levou o seu póster e colocouno no sito correspondente explicando ao resto do cole os datos biográficos e aportacións científicas de cada unha das pioneiras investigadas.
Pola tarde contamos coa visita de Marilar Aleixandre para o acto propio de inauguración da rúa. Aproveitamos a súa vsita para que nos falase da súa traxectoria e os impedimentos que se atopou só por ser muller. Marilar é un exemplo loita de como a muller está presente en distintos ámbitos da sociedade, como membro da Real Academia Galega, como profesora, como investigadora e como política activa.



Temos que dar as grazas especialmente a dúas persoas que fixeron posible este acto. Por un lado a mestra María Álvarez, que fixo o deseño e construíu todas as casiñas facendo un gran esforzo!!! Moitisimas grazas por esta obra de arte!!
Por outro lado agredecer o pai do alumno de 2º de EP Pablo Cantelar que fixo este cartel tan bonito en madeiro que da nome a nosa rúa.



No día de Entroido invitamos a todas as familias a ver a nosa Rúa!!!

miércoles, 13 de febrero de 2019

UNHA PREMIO-GOYA NO NOSO COLEXIO

No noso cole este ano estamos a levar a diante o Plan Proxecta “Doas de sí” baixo o nome con "M de Muller", no que alén da realización de distintas actividades para coñecer o papel tan relevante das mulleres na nosa sociedade estamos convidando a coñecer o noso cole a mulleres de mulleres que dedican a súa vida a distintas disciplinas para que lles conten as súas experiencias e facer así testumuños a tod@s os que estamos no cole!
Hoxe tamén tivemos a honra de recibir no cole a Isabel Antelo Silvariño, terceira xeración de fotógraf@ s de Santa Comba e gañadora dun premio Goya de fotografía na categoría gráfico-documental.


Isabel contounos moitísimas cousas: ensinounos as fotografías polas que recibiu os premios, contounos como comezou a ter interese por ese mundo dende ben pequena e entre outras moi interesantes que a súa nai foi a primeira fotógrafa muller da comarca!! E que a fotografía segue sendo un mundo onde predominan os homes. Animounos a usar as cámaras que teñamos en casa, a practicar moito e falou de aspectos diversos relacionados coa fotografía.
Foi un luxo de visita e un prazer ver tan de preto un Goya! Que honra!.


Moitisimas grazas Isabel!