jueves, 7 de marzo de 2019

A videopoesía (Capítulo I)

Proximamente imos a celebrar no colexio o Día da Poesía (21 de marzo) e para iso decidimos facer algo novidoso como é elaborar as nosas propias videopoesías. Os videopoemas son poemas unidos a textos ou creacións dos mesmos e neste caso imos empregar textos de diferentes autoras galegas. Lingua e literatura, son e silencio, música e imaxe, percepción e expresión... xúntanse non videopoemas creando unha viaxe intergaláctica do papel á tecnoloxía, da aula de música á radio escolar e da radio ao plató de gravación.
O primeiro paso para facer isto é escoller un poema, polo que despois dunha profunda revisión os distintos grupos-aula fixeron estas escollas poéticas:
 1º-2º E. Primaria: Rosalía de Castro: “Tal como as nubes”, Follas Novas, 1880.
3º E. Primaria: Celia Parra: poema extraído do poemario No berce das mareas, 2009.
4º E. Primaria: Rosalía Fernández Rial: poema extraído do poemario Un mar de sensacións, 2012.
5º-6º E. Primaria: Carlos Negro: “Princesa (contra) Disney” e “Barbie Girl” de Penúltimas tendencias, 2014.

Despois pasou o turno de facer as gravacións dos audios, polo que acudimos a “Radio Fuco” da nosa biblio para facer as sonorizacións. Cada alumno/a encárgase de levar o material que precisa (texto, instrumentos, obxectos sonoros...) e responsabilízase de intervir no momento adecuado, segundo ensaiamos na sesión anterior.
Cada sonorización grávase varias veces, facendo tomas en directo nas que aparecen todos os elementos (recitado, efectos sonoros e acompañamento instrumental) de xeito que ao final escollemos a toma que máis nos gusta, sen que sexa preciso editar o audio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario