Benvidos ao Cole!
Comenzamos o novo curso, e coma todos os anos sempre no noso cole, dunha maneira lúdica, festiva e emotiva tod@s xunt@s!
Este ani temos dous proxectos entre mans que realzaremos o longo do curso: a mellora do espazo no que convivimos na nosa escola e tamén a NOSA SÚPER BIBLIOTECA NOVAAAAA!!!
Despois dun verán de reformas xa a case a temos rematada, pero como ainda faltan arranxos aínda non vos podemos adiantar nada máis! Xa vos manteremos informados!
Tendo isto en conta, o primeiro dia de benvida ao cole adicámolo coma todos os anos a realizar os obradoiros en grupos interniveis:
Primeiro Obradoiro: A orientación, para experimentar e coñecer cada lugar do noso patio:
Segundo Obradoiro: Intervención artística mediante a decoración de certos lugares e elementos do noso patio.
Terceiro Obradoiro: Deseño dun Mago Fuco xigante, coa finalidade de expoñelo na porta da entrada da nosa biblioteca.
Cuarto Obradoiro: Xogos populares, desenvolvido no pavillón onde coma sempre se fortalece a convivencia a través dos xogos de antaño.
Pasamos unha mañá estupenda e moi animada, conversando e recordando vellos momentos a vez que pensado en todo o que imos a facer todo este maravilloso ano.
COMEZAMOS, HERE WE GO!!!!!!!!