Mostrando entradas con la etiqueta horta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta horta. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de marzo de 2017

Obradoiro de BIOCONSTRUCCIÓN con Idoia Cuesta

Pois si, tivemos o luxazo de ter a Idoia Cuesta entre nós e foi unha auténtica marabilla. Fixemos un domo de bimbio vivo que nos dará moito xogo para diversas actividades. Que gran experiencia!









miércoles, 15 de marzo de 2017

Preparando o obradoiro de bioconstrucción

Mañá ven Idoia Cuesta, artesana cesteira Premio Nacional de Artesanía 2014, a ensinarnos como se fai unha bioconstrucción. Imos facer un domo no patio, que nos vai a servir para xogar, ler, imaxinar...
Hoxe estivemos experimentando como será o proceso e para iso fixemos unha maqueta. Despois contámoslle ao resto do cole como o fixemos, as dificultades que atopamos e como as resolvemos. Foi moi interesante.






viernes, 24 de febrero de 2017

HORTIÑA DE ROSALÍA. 24 de febreiro

Como todos os anos por estas datas lembrámonos especialmente de Rosalía, e este ano, no marco do noso proxecto decidimos inaugurar unha hortiña, a súa hortiña. Esa hortiña que quería tanto e na que prantou figueiriñas. Nós prantamos distintos froitais, figueira tamén prantaremos, por suposto, e tamén algúns bulbos para darlle colorido coas súas flores.







viernes, 3 de febrero de 2017

Así vai a horta

Hoxe fomos ver algunhas cousiñas que estivemos plantando. Vimos as leitugas no invernadoiro, os repolos e o trigo e o centeo. Como medran!




lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ. Celebrámolo plantando unha oliveira e recitando poesía

O olivo é a árbore que simboliza a paz, por iso nos pareceu unha boa idea plantar un no noso patio, e que mellor día que o propio día da Paz. Para festexalo e que creza contento e con forza, despois de plantamos recitámoslle poesía todo o cole. Quedou un acto ben fermoso.




miércoles, 25 de enero de 2017

Visítanos o avó de Antía para axudarnos coa poda e contarnos sobre os enxertos

Hoxe tivemos con nós ao avó de Antía. Estívonos explicando que é preciso podar nos meses de inverno, cando a sabia das árbores ten menos actividade. É tamén esta a época de enxertar, que é unir unha pola de outra árbore a unha árbore que xa temos pero que non da os froitos que nos gustaría que dese. A partir desa unión dende o enxerto, a planta convírtese na da variedade enxertada. Parece un trabalinguas, pero o avó de Antía ensinounos como se facía e quedounos moi claro.
Despois saímos a ver como estaban as árbores de patio, e con pena descubrimos que moitos froitais están estropeados polo fío da desbrozadora. Así que xa sabedes, cortade a herba con tino!





martes, 24 de enero de 2017

Plantamos allos e ceboletas

Seguimos coa horta e nesta ocasión tocoulle aos allos e as cebolas. Para plantar os allos separamos cada un dos seus dentes dos que crecerá unha nova pranta cun allo con todos os seus respectivos dentes. Por certo, Tina comentounos, nesta ocasión, que debemos enterrar a semente nun burato que teña o dobre de fondo que o tamaño da mesma. Canto aprendemos!




lunes, 19 de diciembre de 2016

Experimentamos coas necesidades das plantas

Fixemos un experimento para ver os efectos de privar ás plantas de algunha das súas necesidades máis básicas. Para iso establecemos os distintos casos posibles en torno a tres variables: luz, auga e sustrato con nutrientes. Fixemos as nosas hipóteses. Observamos e fomos tomando notas para posteriormente extraer as nosas conclusións. Traballos de cientific@s!






jueves, 15 de diciembre de 2016

Plantamos hortensias

Un dos obxectivos do proxecto deste ano é mellorar o noso patio. Neste contextos démonos conta de que tiñamos poucas flores, e para poñerlle remedio iremos plantando distintas especies. Hoxe tocoulle ás hortensias. Tina falounos de que no momento da poda se poden reproducir a partir das polas cortadas.



lunes, 12 de diciembre de 2016

Sementamos trigo e centeo por Sta. Lucía

Sta. Lucía é o 12 de decembro, e Tina, esa marabilla de mamá colaboradora, contounos que é época de plantar o trigo e o centeo. Así que alá fomos, xuntámonos todos na horta e explicounos varias cousas destes cereais. Por exemplo, que o centeo é un cultivo tan duro, que se aproveita para facer cultivos del nos montes, onde a terra non é tan fértil. Tamén nos dixo que ao principio case non podemos diferenciar as plantas, que fai falla que saía a espiga para poder facelo. Tamén que o gran de ambos cereais se moe para obter fariña coa que se fai pan. E que o pan de millo (a broa) precisa algo de fariña de centeo para que saia ben. Un pozo de sabiduría estas familias nosas.
Despois fixemos un pequeno descanso no que disfrutamos dun dos grandes praceres do outono: xogar coas follas caídas! Que ben o pasamos.
Finalizamos a xornada facendo uns semilleiros de leituga, porro, acelga e cebola, que máis adiante transplantaremos ao invernadoiro e á horta.
Unha tarde moi completa na que aprendemos moito divertíndonos.










lunes, 5 de diciembre de 2016

Trasplantamos as leitugas

Hoxe trasplantamos as leitugas do semilleiro ao invernadoiro. Seguro que en pouco tempo poderemos comer ricas ensaladas 😋😋😋