martes, 18 de febrero de 2020

Día da Radio

O pasado 13 de Febreiro, con motivo da celebración do Día da Radio tivemos a visita dos compañeiros e compañeiras do CRA Novo Mencer.

Nesta xornada de convivencia, comezouse cunha pequena interacción nas aulas de Infantil a 1º e 2º de Primaria para logo reunirnos todos na biblio para un contacontos.



Despois, cedemos o estudo de radio da nosa biblio para que os nenos e nenas do CRA puideran vivir unha experiencia como auténticos locutores e locutoras grabando o seu propio programa de radio en colaboración cos nenos e nenas de 5º do noso cole.




Grazas pola visita, e volvede cando queirades!



martes, 11 de febrero de 2020

11 de febreiro, Día da Muller e da Nena na Ciencia!

No día de hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Por este motivo, na nosa biblioteca dispuxemos unha exposicións relacionadas con Mulleres Científicas ou que, de ser o caso, tiveron algunha relevancia importante no eido da ciencia.

Ademais, dende cada titoría, presentóuselle ó alumnado unha figura feminina que tivo repercusión na mundo científico ben por seren as precursoras de cara a igualdade entre homes e mulleres.

martes, 4 de febrero de 2020

30 de xaneiro, Día da Paz e a Non Violencia

Con motivo da celebración do Día da Paz e a non Violencia o pasado 30 de xaneiro, na biblio, estivo preparada unha exposición relacionada co tema. Nela, o alumnado podía ler obras que versaban sobre o bo comportamento e as boas accións en prol da paz, así como as biografías dalguns persoeiros relevantes que gardaban unha relación directa coa temática.