sábado, 18 de junio de 2022

Arte creativo

Ao longo do curso, desde a área de plástica fixéronse contribucións creativas á biblioteca, contando cun expositor propio para as súas publicacións.

Esta é unha pequena mostra dos traballos realizados:

















Cambios na biblioteca.

Ao longo do curso introducimos cambios nos espazos da nosa biblioteca, como:  na zona de hemeroteca, zona de consulta, zona de lectura infantil ou Recanto Maker.

A biblioteca foi sempre un espazo dinámico e adaptable ás distintas  actividades, iniciativas, propostas e exposicións levadas a cabo.

Aquí podemos ver o antes e o despois.








Homenaxe a Pepe de Xan Baña

Con motivo da celebración do 150 aniversario do poeta Pepe de Xan Baña, o concello de Santa Comba convocou un concurso de debuxos, do que informamos no noso blogue o mes de maio. A continuación recóllese unha pequena reportaxe fotográfica, coa entrega de premios e a actuación de Paco  Pakolas, coa súa obra  Ramona Órbita - A dona  do tempo.