Mostrando entradas con la etiqueta PDI 25 anos de pepe de xan baña documental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI 25 anos de pepe de xan baña documental. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de marzo de 2017

O noso proxecto de centro "25 anos de Pepe de Xan Baña. O documental" nas Xornadas PLAMBE

Recibimos a invitación de Bibliotecas Escolares para presentar o noso proxecto do ano pasado nas xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) do que formamos parte. Foi unha gran experiencia na que gustou moito o noso traballo e na que recollemos novas ideas para poñer en marcha. Todo moi enriquecedor e motivador ;)




jueves, 1 de diciembre de 2016

Premio no III Concurso de Traballo por Proxectos polo proxecto "25 anosde Pepe de Xan Baña"



Acabamos de recibir unha fantástica nova!! O noso cole resultou premiado no III Concurso de Traballo por Proxectos, de Bibliotecas Escolares, co proxecto de centro "25 anos de Pepe de Xan Baña".


Podedes consultar aquí os proxectos premiados

Sentímonos moi felices e agradecidos, e con moitas forzas para seguir traballando. Noraboa a toda a comunidade, porque este premio é de TOD@S, froito de todo o traballo, colaboración e boa sintonía que vivimos no centro.


Así que...

NORABOA!!

martes, 20 de septiembre de 2016

Recollemos as patacas

O ano pasado plantamos patacas na horta dun xeito diferente, xa que o fixemos sen sachar. E foi como maxia, hoxe fomos a recollelas e non podemos queixarnos da colleita. Mirade!




viernes, 24 de junio de 2016

Documental "25 ANOS DE PEPE DE XAN BAÑA. A pequena historia dunha escola rural"

Pois despois da súa estrea na máis que entrañable festa de conmemoración dos 25 anos do centro, aquí tedes o documental, para que o disfrutedes con calma. Agardamos  que sexa do voso agrado.


jueves, 18 de febrero de 2016

Un entroido dos de antes

Como sabedes, este ano estamos a indagar na historia do noso cole, e polo tanto, nos tempos de antes. Polo que así foi o noso entroido, un entroido dos de antes, cos nosos velliños e velliñas, con coplas satíricas ao Meco que fixeron a ledicia de todos os asistentes, e por suposto, con festa, comida e baile. Un baile tamén dos de antes a base de muiñeiras, pasodobres e mazurcas. Que ben o pasaban antes!