Ola a tod@s!
Hoxe vivimos unha xornada moi especial e coa que desfrutamos moitisimo. Pola mañá todo o cole puxo rumbo a Carballeira de Conxo en Santiago para participar no programa de festas populares deste barrio.
Neste caso acudimos a gravar un videoclip moi especial da canción "Ti e eu" da Banda Loba, a canción que empregamos para o noso Lipdub do Día da Paz.
A emoción e a alegría eran dous sentimentos que estiveron presentes en todo momento, tal e como se pode comprobar nas nosas caras!
Agredecer A Banda da Loba e as súas integrantes así como o Concello de Santiago por permitirnos participar nesta iniciativa.
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario