Durante a semana do 25 ao 29 de outubro celebramos o día das bibliotecas (24 de outubro) e realizamos a selección de traballos e entrega de premios do Samagosto 2021.
Para o día das bibliotecas elaboramos unha árbore, cuxas follas reflectían o que para cada neno/-a é unha biblioteca. O alumnado de infantil encheu as súas follas de fermosos debuxos e o alumnado de primaria describiu brevemente a súa idea ou a súa concepción deste espazo.
A continuación recóllense algunhas das súas reflexións, así como unha pequena mostra de como quedou o noso biblio-árbore.
Para min unha biblioteca é...
- ... un lugar para soñar.
- ... unha viaxe a través das palabras.
- ... un refuxio entre lecturas.
- ... un espazo de creatividade.
- ...un recompilatorio de coñecementos.
- ... unha máquina a través do tempo.
- ... unha realidade inventada.
Doutra banda, tamén fixemos entrega de marcapáxinas personalizados co nome de cada un dos nosos alumnos/-as, acompañados da imaxe do mago Fuco.
- 2º ciclo: Diego
- 5º de Educación Primaria: Izan
- 6º de Educación Primaria: Isabel
No hay comentarios:
Publicar un comentario