O alumnado de quinto móstranos o seu experimento, titulado "arco da vella líquido", para mostrar a densidade dos líquidos, facendo unha columna ou torre diferenciada por densidade e cor.
Con este experimento podemos observar como afecta a densidade á flotabilidade dos corpos.
Para levalo a cabo necesitamos:
- Mel
- Xabón líquido ou lavalouzas
- Auga
- Aceite
- Alcol
- Colorante alimentario
Esperemos que gocedes do vídeo e animédesvos a probar este divertido experimento, vinculado co tema da materia e coa área das ciencias naturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario